Colabora

 Se non podes adoptar, hai máis formas diferentes de colaborar con nós:

🏡 ACOLLIDA.

Convirte a túa casa nunha casa de acollida para aqueles casos especiais que por causas de saúde, necesidade de socialización por medos, cachorros, cans maiores, etc... necesitan unha atención especial que non podemos ofrecerlles na canceira. 

🤝 VOLUNTARIADO.

Colabora con tarefas de voluntariado como: 
🔹 Pasear os cans, facerlle fotos e vídeos para a sua difusión, facer montaxes gráficos e diseñar carteis, pegar carteis, traslado de animáis… difundir os cans das nosas redes sociais.

👉 Podes descargar o formulario AQUI e se eres menor de idade AQUI
 
🔹 Se tes un establecemento onde poder por un dos nosos petos ou cartéis de difusión.
🔹 ¿Sabes coser? temos un montón de correas e colares rotos que nunhas mans mañosas, poderían ser reutilizados.
🔹 Se fas artesanía, calcetas, coses... e queres doar parte dos beneficios das túas creacións ou vendelas nos nosos mercadiños solidarios.
🔹 Calquera idea nova que poida ser beneficiosa para os nosos cans será ben recibida.

❤️ DOAZÓNS.

🔸 Podes facer donativos económicos a través da conta bancaria:
CCC 2080 5473 53 3000126365
IBAN: ES11 2080 5473 5330 0012 6365
SWIFT/BIC CAGLESMMXXX
🔸 Ou con un microdonativo, doando un euro ó mes a través do TEAMING 
🔸 Rexistrándote en HELPFREE para que por cada unha das túas compras on-line as marcas nos fagan unha doazón. Esto é GRATUITO para ti.
Este diñeiro é moi importante para nós para casos de traumatoloxía, medicacións, tratamientos especiáis, facer analíticas e para poder continuar coa nosa labor e darlles unha oportunidade. 

🔸 MEDICAMENTOS: gastamos moito diñeiro en medicamentos, se tes algún medicamento con algún dos principios activos que enumeramos a continuación e non os ides a usar, para nos son de gran axuda: Amoxicilina/clavulanico, doxiciclina, omeprazol, dacortin.
🔸 Tamén podes axudar doando: casetas, cunas de plástico, correas, colares, comida blanda, mantas fáciles de lavar, huchas e outros materiais que poidamos precisar.

📣 DIFUSIÓN NO FACEBOOK E INSTAGRAM.

E sempre poderas axudarnos dándonos máis publicidade. A difusión é moi importante!

🔹 Dalle a "gústame" na nosa páxina do Facebook e comparte as nosas publicacións, así os anuncios chegan a máis xente e poderás estar salvando a vida dun can.
🔹 Suscríbete e sigue aos nosos cans na nosa canle de Youtube.
🔹 Fai un repost no noso Instagram.

🐾 FAITE SOCIO.

Dende 10€ ao ano podes botarnos unha patiña. Explicámoste cómo na pestaña ¡Faite Socio!
 
Toda axuda é importante e tod@s podemos axudar en algo! Grazas pola túa colaboración!