viernes, 10 de abril de 2020

RUFO

📅 Data de entrada: 01/03/2019
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (11kg - 41cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2009

 

RUFO é avoiño adorable que o está pasando moi mal na canceira, ten unha fractura antiga na cadeira e forte artrose nos dous ombreiros e xa case non ten dentes. Necesita unha familia que o saque da canceira e lle da vida que necesita. El é moi bo e agarimoso, encántalle a xente e pide mimos todo o tempo. O único que precisa é un pouco de agarimo e un rinconciño quente onde durmir.
 

Máis sobre RUFO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

No hay comentarios:

Publicar un comentario