jueves, 1 de octubre de 2020

VIDA

📅 Data de entrada: 17/09/2019
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2010


VIDA é unha cadeliña que recollimos nun estado terrible, cunha hernia enorme que houbo que operar e unha infección. Agora xa está recuperada e merece unha oportunidade fóra da canceira. VIDA é moi moi doce, ao principio un pouco desconfiada, pero de seguida encaríñase contigo. Encántalle estar con outros cans e non ten problema cos gatos. Ven a coñecela!


Máis sobre VIDA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

No hay comentarios:

Publicar un comentario