domingo, 1 de marzo de 2020

JULIUS


📅 Data de entrada: 29/05/2020
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (16kg - 46cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2019


JULIUS é cruce de Schnauzer, é un can moi novo, apenas un ano de idade, guapo a rabiar e simpatiquísimo! Pero eso non é o mellor de él, o mellor e que é un canciño super alegre, xoguetón, sociable con outros cans e agarimoso coas persoas. Ademáis é súper limpiño!! Non fai nada dentro do canil, sempre agarda a saír fóra. Está desparasitado e esterilizado ¿Queres coñecer a esta pequena xoia e darlle a oportunidade que anda agardando?

Máis sobre JULIUS no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

BELI

📅 Data de entrada: 06/07/2020
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (12kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2014


¿Qué vos parecen esas orelliñas preciosas? Pois ainda nos vistes o seu rabiño batendo a toda velocidade cando se echega alguén a darlle un mimo!. BELI é unha beagle moi doce e moi alegre. É unha cadeliña boísima, agarimosa e sociable con outros cans. En definitiva, un auténtico amor. ¿Anímaste a coñecela?

Máis sobre BELI no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

FLOPPY

 

📅 Data de entrada: 27/02/2019
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (16kg - 41cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2017


FLOPPY é un canciño extraordinario, bo, cariñoso, xoguetón e sociable. E ó peludo máis peludo da canceira! Sempre alegre, encántalle saír de paseo. Disfruta moitisimo! Na canceira pasa moito tempo na gaiola ¿Podes axudarnos a buscar un fogar para el?

Máis sobre FLOPPY no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

OSLO

📅 Data de entrada: 08/07/2019
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (11kg - 36cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/07/2012


Imposible non namorarse desas orelliñas puntiagudas e deses andares saltarines que caracterizan a OSLO. OSLO é un podenquiño adorable, cariñoso, sociable con cans e persoas, sempre con esa expresión tan doce na cara. ¿Anímaste a darlle unha orpotunidade?

Máis sobre OSLO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

CAMELO

 

📅 Data de entrada: 11/02/2019
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (15kg - 47cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/06/2017


Doce e fermoso, CAMELO é un canciño de tamaño mediano. CAMELO é moi sociable con outros cans cans e persoas, sempre evita os conflictos. Bó e cariñoso, é coma un cachorriño, encántalle xogar e saír de paseo. E o compañeiro perfecto!! ¿Queres darlle ti a oportunidade que está a esperar? Corres o risco de namorarte!!

Máis sobre CAMELO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

LUA


📅 Data de entrada: 25/10/2019
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Grande
🐶 Data de nacemento aproximada: 15/09/2019

 

LUA é unha toliña encantadora. E unha cadeliña moi sociable con cans e persoas. Xoguetona, alegre e chea de vida, LUA sigue agardando a súa oportunidade. Con ela non terás tempo de aburrirte! Anímate a coñecela!
 

Máis sobre LUA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

TOBBY

 

📅 Data de entrada: 25/10/2019
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande
🐶 Data de nacemento aproximada: 15/09/2019

 

TOBBY é un anxiño! É un canciño boísimo, ao principio era un pouco tímido coas persoas, pero de seguido se fai o teu amigo. E sociable e xoguetón con outros cans e encántalle saír de paseo. ¿Daslle unha oportunidade? Paga en mimos e non escatima‼️
 

Máis sobre TOBBY no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

POLVORÓN

 

📅 Data de entrada: 25/10/2019
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande
🐶 Data de nacemento aproximada: 15/09/2019


POLVORÓN é o máis pequeno dos seus irmáns, pero só en tamaño. Tamén é o máis tranquilo de todos, aínda que coma calquer pequeno adora xogar e correr. E un canciño moi bó, sociable con outros cans e encantandor coas persoas. POLVORÓN busca unha familia e un fogar para enchelo de mimos. Gustaríache que fora o teu?

Máis sobre POLVORÓN no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

TURRÓN

📅 Data de entrada: 25/10/2019
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande
🐶 Data de nacemento aproximada: 15/09/2019


Doce, doce e rico, rico coma o seu nome. TURRÓN é para comelo! É un canciño moi noble e xoguetón coma todos os pequenos, pero moi tenro e sociable. Encántalle xogar cos balóns de futbol, é un auténtico fenómeno!
Lévase ben con tódolos cans e mesmo está feito a estar con gatos. Axudámolo a conseguir unha vida fóra da canceira? É todo corazón!


Máis sobre TURRÓN no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

PINY

📅 Data de entrada: 25/05/2017
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (21kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2017


PINY non sabe o que é ter un fogar. Leva na canceira case toda a súa vida, dende que era un cachorriño. É moi noviño, alegre e xoguetón e ten un carácter extraordinario, pura inocencia! PINY é moi sociable con persoas e cans, lévase xenial con tódos. É cariñoso e moi obediente, atende perfectamente cando o chamas polo seu nome. Non podemos creer que un can tan adorable siga na canceira! Se o coñeces, vaste enamorar!


Máis sobre PINY no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

BRAIS

📅 Data de entrada: 13/07/2020
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (8.8kg – 30cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2015


BRAIS é un cruce de grifón dorado pequeniño. É un can moi agarimoso. O primeiro que fai ao saír da gaiola é saltar a pedirte unha caricia ou un mimo. Encántalle estar coas persoas e se hai alguén na canceira, vai detrás del buscando a súa compaña e un pouquiño de atención. Ademáis é moi sociable, lévase ben con outros cans e gústalle moito xogar. En definitiva, BRAIS é un can ideal ¿Queres darlle unha oportunidade?

Máis sobre BRAIS no seu álbum de 
Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

SAURON


📅 Data de entrada: 28/02/2019
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande (32kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2011


SAURON é un grandullón con corazón de ouro. É xenial coa xente e moi sociable con outros cans. É leal, obediente e encántanlle os agarimos. SAURON nunca te dará problemas, só amor incondicional. ¿Qué estás esperando para coñecerlo? Deíxate namorar!


Máis sobre
SAURON no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

CHULA

📅 Data de entrada: 15/10/2019
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2014

 

CHULA é un grifón azul de gascuña, é o tipo de cadela que intenta pasar desapercibida, pero non queremos eso para ela!! Chegou con moitísimos medos e está superándoos todos pouco a pouco. É incrible os avances que fixo dende entón. É unha cadela verdadeiramente doce, agradecida e moi sociable con outros cans e mesmo con gatos. 

Máis sobre CHULA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

BRUSTER

📅 Data de entrada: 04/03/2020
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (6.5kg - 41cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/10/2019

 

BRUSTER é un peludo realmente adorable. É un canciño moi agarimoso e súper agradecido, con moita enerxía, encántalle correr e xogar coma a calquer cativo. Disfruta moitísimo da compañía das persoas e é listísimo! A pesar de ser tan novo responde perfectamente cando o chamas polo seu nome e aprende trucos súper rápido!
 

Máis sobre BRUSTER no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

Podes ver un vídeo sobre BRUSTER no noso canal de YouTube:


BATMAN

📅 Data de entrada: 17/02/2020
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (11kg - 37cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2015


BATMAN é un simpático e pequeno podenquiño. É sociable, xoguetón, agarimoso e agradecido. En resumen un canciño encantador. É capaz de encher todo de alegría co axitar do seu rabiño. ¿Queres darlle unha oportunidade? Non te arrepentirás!

Máis sobre BATMAN no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

Podes ver un vídeo sobre BATMAN no noso canal de YouTube:


CARLO

📅 Data de entrada: 23/12/2019
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Moi pequeno (5kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2013

 

CARLO tamén tivo que pasar pola perruquería porque chegou coa pelaxe moi mal. E un canciño de tamaño pequeño, boísimo, agarimoso e moi tranquilo. Merece ter unha oportunidade. Botámoslle unha patiña?

Máis sobre CARLO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

RASTY

📅 Data de entrada: 29/11/2019
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (9.2kg - 29cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/06/2014


RASTY chegou coa pelaxe feita unha desfeita. Despois dun bo corte de pelo, xa vedes o guapísimo que quedou! RASTY é un canciño pequeno, moi bo e agarimoso e xa coñece o abandono. Buscamos unha familia para él, esta vez para toda a vida! ¿Queres que sea a túa?

Máis sobre RASTY no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

LOLA

📅 Data de entrada: 28/07/2020
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (10.4kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/12/2019


LOLA, LOLIÑA LOLAAA! É unha cadeliña moi nova e super agarimosa. Semella que sempre está alegre e ilumina todo canto hai ao seu paso. Encántanlle as persoas, se te achegas vai correndo onda ti a pedirte un abrazo ou que a collas no colo, e cando esto sucede prepátare! porque non escatima en bicos e agradecementos. ¿Anímaste a coñecela?
Máis sobre LOLA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

MAIS

 

📅 Data de entrada: 12/09/2019
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (13kg - 40cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/06/2015


MAIS apareceu cos seus canciños cando acababan de nacer e demostrou ser unha nai valerosa e extraordinaria. É unha cadela única, tan fermosa por dentro coma por fora. Aínda que é un pouco tímida, esta grifonciña é doce, agarimosa, sociable e incriblemente agradecida. Todos os seus pequenos atoparon fogar e agora tócalle a ela ter a mesma sorte ¿Anímaste a coñecer o amor de verdadeiro?

Máis sobre MAIS no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.