jueves, 24 de diciembre de 2020

OSO


⚠️ ATENCIÓN ⚠️

🆘🆘🆘 URGENTE‼️🆘🆘🆘

Tiene 12 años y vivía encadenado cuando fué rescatado. Aunque se ha ido recuperando muy bien, su salud es un poco frágil debido a su edad y a las condiciones en las que estaba cuando llegó. Es muy sociable con personas y perros, todavía está descubriendo un mundo nuevo para él y se apunta a todo con la torpeza y ternura de un abuelillo que no se siente menos que nadie.
_________________________________________________
 
📅 Data de entrada: 06/07/2020
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande
🐶 Data de nacemento aproximada: 15/03/2008


OSO ten 12 anos e unha falta de mobilidade moi grande por vivir atado a unha cadea. Este veterano polas condicións nas que chegou tivo que ter unha vida moi dura.
OSO ten un tumor de bastante magnitude que é necesario operar!! pero ademais, polas condicións nas que vivía, ten as patitas entumecidas e sofre unha forte anemia. Necesita adopción ou casa de acollida urxente para ir recuperando a mobilidade e tomar correctamente o tratamento da anemia.
A pesar de este pasado, OSO é un can moi agarimoso, moi tranquilo e boísimo. Se o coñeces comprendes que todo o que quere mostrar é agradecemento.

Máis sobre OSO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

Podes ver un vídeo sobre
OSO no noso canal de YouTube:
 


lunes, 21 de diciembre de 2020

WILSON

⚠️ ATENCIÓN ⚠️

🆘🆘🆘 URGENTE‼️🆘🆘🆘

Tiene 9 años y es el reflejo de la serenidad. Es un perro muy bueniño y muy tranquilo, le encantan los mimos. Las condiciones de la perrera le empiezan a afectar y creemos que lo pasará muy mal si tiene que pasar el invierno aqui.
_________________________________________________
 
📅 Data de entrada: 03/01/2020
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2011

WILSON apareceu preto da praia de Covelo e ninguén o reclamou. Se hai unha palabra que o define é serenidade. WILSON é un can moi tranquilo, sociable con outros cans e pasea de marabilla coa correa. WILSON precisa pronto un fogar porque é un can maior e as condicións de vida na canceira se lle están facendo moi difíciles. Se o coñeces namoraraste do seu carácter!! E o compañeiro ideal se buscas paz.
 
Máis sobre WILSON no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

jueves, 17 de diciembre de 2020

BICO


📅 Data de entrada: 05/05/2019
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (6.5kg - 39cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2018

 

BICO é unha cadela boísima e lista coma un esquío. É unha podenquiña galega moi moi doce, alegre coma ningunha e agarimosa. Se a coñeces vaite robar ó corazón!! É moi noviña e merece unha vida fóra da canceira ¿Queres darlle esa oportunidade? Enche o teu fogar coa sua ledicia!

Máis sobre BICO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

lunes, 14 de diciembre de 2020

TOFFE

📅 Data de entrada: 22/02/2016
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (23kg - 58cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2014


TOFFE e un can maravilloso, un dez! E doce e tranquilo aínda que lle encanta correr e xogar. E o compañeiro perfecto!! Disfruta moitísimo dos paseos e da compaña das personas e pásao mal estando na gaiola. Cariñoso, obediente e alegre, só temos boas palabras para el. Creemos que TOFFE merece unha boa familia que lle ensine o que é ter un fogar de verdade.


Máis sobre TOFFE no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

viernes, 11 de diciembre de 2020

CHARLIE

 

📅 Data de entrada: 31/07/2020
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (12.7kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2016


CHARLIE é realmente adorable. É imposible non namorarse cando te mira con eses olliños seus tan doces. É un canciño moi agarimoso, o primero que fai cando sae do canil e darte un abrazo e buscar unha caricia túa. Ademáis e sociable e gústalle xogar con outros cans. CHARLIE está agardando na canceira a que te decidas a levalo para á túa casa ¿Porqué esperar máis?

Máis sobre CHARLIE no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

viernes, 4 de diciembre de 2020

SELVA


📅 Data de entrada: 25/01/2018
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano (20kg - 55cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/06/2016


SELVA é unha cadela noviña, de tamaño mediano. Ten un carácter moi doce, alegre e encántalle a auga!! Sempre se da un chapuzón canto ten oportunidade. A canceira non é lugar para ela. Precisa unha familia para saber por fin o que é ter un fogar. Quen a adopte lévase una xoia ¿Queres ser ti?


Máis sobre SELVA no seu álbum de
Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

jueves, 3 de diciembre de 2020

CHOCO


📅 Data de entrada: 14/12/2018
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/08/2018

CHOCO sigue sendo un cachorro agochado no corpo dun adulto. Tan boíño, noble, inocente e alegre coma un canciño. É o compañeiro de xogos ideal, sempre disposto a correr e que lle den mimos. CHOCO é moi novo e só coñece a canceira... ¿Te gustaría darlle unha oportunidade?

Máis sobre CHOCO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!