sábado, 15 de agosto de 2020

LOLA

📅 Data de entrada: 28/07/2020
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (10.4kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/12/2019


LOLA, LOLIÑA LOLAAA! É unha cadeliña moi nova e super agarimosa. Semella que sempre está alegre e ilumina todo canto hai ao seu paso. Encántanlle as persoas, se te achegas vai correndo onda ti a pedirte un abrazo ou que a collas no colo, e cando esto sucede prepátare! porque non escatima en bicos e agradecementos. ¿Anímaste a coñecela?
Máis sobre LOLA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

sábado, 8 de agosto de 2020

BRAIS

📅 Data de entrada: 13/07/2020
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (8.8kg – 30cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2015


BRAIS é un cruce de grifón dorado pequeniño. É un can moi agarimoso. O primeiro que fai ao saír da gaiola é saltar a pedirte unha caricia ou un mimo. Encántalle estar coas persoas e se hai alguén na canceira, vai detrás del buscando a súa compaña e un pouquiño de atención. Ademáis é moi sociable, lévase ben con outros cans e gústalle moito xogar. En definitiva, BRAIS é un can ideal ¿Queres darlle unha oportunidade?

Máis sobre BRAIS no seu álbum de 
Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

sábado, 1 de agosto de 2020

BELI

📅 Data de entrada: 06/07/2020
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (12kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2014


¿Qué vos parecen esas orelliñas preciosas? Pois ainda nos vistes o seu rabiño batendo a toda velocidade cando se echega alguén a darlle un mimo!. BELI é unha beagle moi doce e moi alegre. É unha cadeliña boísima, agarimosa e sociable con outros cans. En definitiva, un auténtico amor. ¿Anímaste a coñecela?

Máis sobre BELI no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

CHULA

📅 Data de entrada: 15/10/2019
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2014

 

CHULA é un grifón azul de gascuña, é o tipo de cadela que intenta pasar desapercibida, pero non queremos eso para ela!! Chegou con moitísimos medos e está superándoos todos pouco a pouco. É incrible os avances que fixo dende entón. É unha cadela verdadeiramente doce, agradecida e moi sociable con outros cans e mesmo con gatos. 

Máis sobre CHULA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.