sábado, 30 de mayo de 2020

BATMAN

📅 Data de entrada: 17/02/2020
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (11kg - 37cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2015


BATMAN é un simpático e pequeno podenquiño. É sociable, xoguetón, agarimoso e agradecido. En resumen un canciño encantador. É capaz de encher todo de alegría co axitar do seu rabiño. ¿Queres darlle unha oportunidade? Non te arrepentirás!

Máis sobre BATMAN no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

Podes ver un vídeo sobre BATMAN no noso canal de YouTube:


martes, 19 de mayo de 2020

TOBBY

 

📅 Data de entrada: 25/10/2019
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande
🐶 Data de nacemento aproximada: 15/09/2019

 

TOBBY é un anxiño! É un canciño boísimo, ao principio era un pouco tímido coas persoas, pero de seguido se fai o teu amigo. E sociable e xoguetón con outros cans e encántalle saír de paseo. ¿Daslle unha oportunidade? Paga en mimos e non escatima‼️
 

Máis sobre TOBBY no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

viernes, 15 de mayo de 2020

RASTY

📅 Data de entrada: 29/11/2019
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (9.2kg - 29cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/06/2014


RASTY chegou coa pelaxe feita unha desfeita. Despois dun bo corte de pelo, xa vedes o guapísimo que quedou! RASTY é un canciño pequeno, moi bo e agarimoso e xa coñece o abandono. Buscamos unha familia para él, esta vez para toda a vida! ¿Queres que sea a túa?

Máis sobre RASTY no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

miércoles, 13 de mayo de 2020

LUA


📅 Data de entrada: 25/10/2019
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Grande
🐶 Data de nacemento aproximada: 15/09/2019

 

LUA é unha toliña encantadora. E unha cadeliña moi sociable con cans e persoas. Xoguetona, alegre e chea de vida, LUA sigue agardando a súa oportunidade. Con ela non terás tempo de aburrirte! Anímate a coñecela!
 

Máis sobre LUA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

POLVORÓN

 

📅 Data de entrada: 25/10/2019
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande
🐶 Data de nacemento aproximada: 15/09/2019


POLVORÓN é o máis pequeno dos seus irmáns, pero só en tamaño. Tamén é o máis tranquilo de todos, aínda que coma calquer pequeno adora xogar e correr. E un canciño moi bó, sociable con outros cans e encantandor coas persoas. POLVORÓN busca unha familia e un fogar para enchelo de mimos. Gustaríache que fora o teu?

Máis sobre POLVORÓN no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.