miércoles, 5 de octubre de 2022

NEVADO



📅 Data de entrada: 08/06/2022
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (26kg – 52cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/06/2021


NEVADO é un can moi novo, alegre, xoguetón e cheo de vida. Ten problemas de audición, aínda que non sabemos se é completamente sordo. Todo o que quere é estar ao teu carón e que lle prestes atención para xogar, que é o que máis lle gusta. É un pouco brutiño pero os seus recibimentos son extraordinarios. NEVADO é un can con moita enerxía, se eres unha persoa activa e estás pensando en adoptar, NEVADO é o teu compañeiro ideal!

Máis sobre NEVADO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

lunes, 3 de octubre de 2022

LUKE

📅 Data de entrada: 30/05/2019
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (21kg - 49cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2015


LUKE ten unha das olladas mas fermosas da canceira. Ten esa cor ambar nos seus ollos que enamora... E un can con enerxía, alegre, xoguetón... pero na canceira pasa demasiado tempo para él na gaiola. A súa cariña cando toca paseo, e o máis vivo reflexo da ilusión. Todo canto quere e saír a pasear, estar en contacto coa xente, un anaquiño de mimos... ¿Xa estás prendado del? Ven a coñecelo!

Máis sobre LUKE no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!

Podes ver un vídeo sobre LUKE no noso canal de YouTube:

viernes, 30 de septiembre de 2022

LINDA

 

📅 Data de entrada: 12/07/2022
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (10.15kg – 30cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 17/06/2015


A historia de LINDA é triste. Ela fora adoptada da canceira da deputación, pero a persoa que a adoptou ao pouco tempo tivo que ingresar nun centro e por medio de servicios sociais acabou con nós. LINDA é unha cadela moi agarimosa, sociable e obediente. A pesar do seu pequeno tamaño é unha cadela moi activa e encántalle estar coa xente! Ela merece unha segunda oportunidade, pero esta vez para toda a vida ¿Queres axudala?

Máis sobre LINDA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

 

lunes, 26 de septiembre de 2022

FENDOR


📅 Data de entrada: 05/08/2022
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (11.25kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2011

FENDOR é un avoíño que chegou á canceira en moi malas condición. Tiña o pelaxe tan mal que tivo que pasar por perruquería e os dentes tan feitos un desastre que tivemos que facerlle unha boa limpeza bucal. A vida de FENDOR non debeu ser nada fácil, aínda que non rechaza as caricias, semella que non recibiu moitas na súa vida porque non sabe o que son. E hora de que lle cambie a sorte e ti podes facelo realidade ¿Anímaste a coñecelo?

Máis sobre FENDOR no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

viernes, 23 de septiembre de 2022

MARLEY


📅 Data de entrada: 29/06/2022
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (28.65kg – 56cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2021


¿Crees no amor a primeira vista? Porque MARLEY só precisa uns minutos para namorarte. É un can moi novo, estupendo, bo, agarimoso, sociable tanto con persoas como con outros cans e moi moi guapetón. Anímaste a coñecelo? Precisa unha familia que o queira e que lle gusten os lambetóns e os cans simpáticos e divertidos

Máis sobre MARLEY no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

CARUSO


📅 Data de entrada: 21/06/2022
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano-grande (25.5kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/06/2020

CARUSO foi recollido na Escusa e estaba ben coidado pero coa marca do collar no pescozo. Pensamos que tal vez o perdera pero tras difundilo ninguén o reclamou e a opción do abandono foi collendo cada vez máis forza. CARUSO é un can que sen dúbida tivo familia, ten un carácter marabilloso, é agarimoso, sociable, pasea xenial coa correa… Encántalle estar coas persoas, se está no patio ou paseando, sempre está pendente de ti ¿Daslle unha oportunidade?

Máis sobre CARUSO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram
.

LOLA


 
📅 Data de entrada: 01/06/2022
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/07/2020


LOLA é unha cadeliña da que te namoras inmediatamente. Ela gánate de seguido co seu carácter alegre e agarimoso. Nada máis verte, vai a saludarte dándolle ao rabiño e buscando que xogues con ela. A LOLA encántalle os mimos e pasea moi ben coa correa. Anímate a coñecela e deíxate namorar.

Máis sobre LOLA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

XENA

 

📅 Data de entrada: 01/06/2022
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/07/2020


XENA é unha cadela ideal. É fermosa, ten un tamaño mediano, pasea de maravilla coa correa e aínda que ao principio pode parecer un pouco medosa, de seguida verás que é un saquiño de mimos. A XENA encántalle xogar, pero ao mesmo tempo tamén é bastante tranquila. ¿Alguén disposto a darlle una oportunidade a este bombonciño?

Máis sobre XENA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

ALMA


📅 Data de entrada: 01/06/2022
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano
🐶 Data de nacemento aproximada:    

ALMA é unha cadeliña maravillosa. Ao principio pode ser un pouco desconfiada, antes de achegarse, quédase ollando para ti coma si quixera saber si te vas a portar ben con ela. Pero despois da primeira impresión, mostrase como realmente é, unha cadela moi leal, xoguetona e agarimosa, ¿Queres coñecela?

Máis sobre
ALMA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

jueves, 15 de septiembre de 2022

FILLOA

 

📅 Data de entrada: 16/08/2021
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2015


FILLOA foi recollida nunhas condición realmente terribles. Era soamente oso e pel e casi non se tiña en pe. De feito, foi necesario poñerlle suero e afortunadamente evolucionou moi ben. FILLOA volveu nacer, gañou peso e descubrimos a unha cadela moi moi agarimosa, sociable con adultos, nenos e moi xoguetona con outros cans. Un auténtico amoriño cun carácter maravilloso. Ademáis agora que pode comer, converteuse nunha ladroa de comida!! Graniño de pienso que ve, ou lambonada que pilla, voa!!

Máis sobre FILLOA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

lunes, 5 de septiembre de 2022

ADA

📅 Data de entrada: 17/04/2016
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano
🐶 Data de nacemento aproximada:


ADA é unha cadela fermosísima. O seu caso é especial porque é un pouco tímida e desconfiada. Ainda que non se separa de ti, evita ser acariada. Ela é moi doce, moi obediente, sempre acude cando a chamas, encántanlle al larpeiradas, lévase ven con outros cans... Só precisa atopar a familia apropiada, alguén con paciencia que esté disposto a adicarlle tempo para gañar a súa confianza. E unha cadela que nunca tivo oportunidade de coñecer o cariño e os mimos e queremos que sepa o que é.


Máis sobre ADA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

FIBY

📅 Data de entrada: 30/09/2019
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2015


¿De quen son esas orelliñas preciosas? Presentámosvos a FIBY!! FIBY é unha cadeliña de tamaño mediano. É un pouco tímida ao principio coas persoas, pero está encantada entre os outros cans e non ten problemas con ninguén. Sae contentísima a pasear e vai xenial coa correa. Encántalle a auga! disfruta correndo polos regatos e mollando a súa barriguiña. A súa ollada é tan noble e tan doce que é imposible non querela dende o primeiro día que a coñeces. Se estás pensando en adoptar, ven a coñecer a FIBY!!


Máis sobre
FIBY no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

MUÑECA

📅 Data de entrada: 17/11/2018
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano (21kg - 52cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2018


MUÑECA é unha auténtica beleza! É imposible non namorarse desa cariña simpática e afiada. É unha cadela nova, activa, agarimosa e sempre está contenta. A canceira non é lugar para ela, precisa un lugar onde correr e xogar. ¿Anímaste a coñecela?

Máis sobre MUÑECA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
 

🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!

domingo, 4 de septiembre de 2022

DUKE

 

📅 Data de entrada: 19/07/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (9.1kg – 44cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2017

DUKE é un podenquiño encantador. Ao principio é un pouco tímido coa xente, pero cun pouco de paciencia de seguida se anima a acercarse a pedir mimiños e estar ao teu carón. Encántalle pasear!! É un auténtico fan dos paseos, así que se o sacas un pouco do canil, xa tes o seu corazón gañado. E moi sociable con outros cans, é un canciño activo en encántalle xogar cos demáis. Cando sae ao patio corre e xoga coma un cativo. ¿Queres vir a coñecer a DUKE? Te enamorarás!

Máis sobre DUKE no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.  


MELINDA

📅 Data de entrada: 14/11/2017
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano (20kg - 56cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2012


MELINDA é un bombón. Entrou na canceira en 2017 cos seus bebés e foi unha auténtica madraza. Todos eles foron adoptados pero ela segue sen atopar un fogar. É a cadela mais agarimosa da canceira, é moi noble, e sempre está alegre. Pero se algo temos que destacar dela é que é súper avispada e listísima!! Axúdanos a atopar unha familia para ela. Queremos darlle a vida que merece!!


Máis sobre MELINDA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

PEPON

📅 Data de entrada: 17/11/2018
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (20kg - 41cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2018

 

Este pequeno é PEPON. É un canciño con moita enerxía e moi alegre. As súas pequenas patiñas fan del un peludo moi simpático. É noviño e de tamaño mediano. Encántalle ser o centro de atención e o que máis lle gusta é estar coa xente e saír de paseo! ¿Queres coñecelo?
 
Máis sobre PEPON no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!

LEO


📅 Data de entrada: 28/10/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (23.6kg – 51cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 20/08/2010


LEO foi recollido xunta ONZA na zona da Escusa, nunhas condicións terribles, unha delgadez extrema, as orellas abertas, os dentes en moi mal estado e feridas polo corpo. No nos imaxinamos o mal que o tivo que pasar, e a pesar de todo eso, LEO é un avoiño moi agarimoso, tranquilo e obediente. LEO é un can agradecido e moi leal, sinal de que ninguén antes o tratara con amor. Só precisa un oco na túa casa e no teu corazón ¿Podes darlle unha oportunidade?

Máis sobre LEO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
 
 
🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!

 

sábado, 3 de septiembre de 2022

JEYCO

 

📅 Data de entrada: 30/09/2020
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/03/2017


JEYCO é un deses canciños que namora dende o primeiro momento. É moi boíño e agarimoso, encántalle deitarse panza arriba para que lle rasquen a barriga e den mimos. Tamén é un gran modelo! Lonxe de terlle medo ás cámaras, disfruta posando para as fotos. É un can moi novo que xa coñece o abandono… Agora buscamos para el un fogar de verdade e unha familia que nunca o abandone ¿Queres vir a coñecelo?

Máis sobre JEYCO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

OSLO


📅 Data de entrada: 08/07/2019
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (11kg - 36cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/07/2012


Imposible non namorarse desas orelliñas puntiagudas e deses andares saltarines que caracterizan a OSLO. OSLO é un podenquiño adorable, cariñoso, sociable con cans e persoas, sempre con esa expresión tan doce na cara. ¿Anímaste a darlle unha orpotunidade?

Máis sobre OSLO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

ONZA

 

📅 Data de entrada: 28/10/2021
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano (20.7kg – 55cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2010


ONZA foi recollida xunta LEO en moi mal estado. Estaba tan desnutrida que cando chegou á canceira notábanselle as costelas. ONZA é unha cadela moi boíña e agarimosa, tremendamente agradecida, tanto que te sigue a todas partes. A súa ollada amosa verdadeira devoción hacia quen a coida e lle da mimos. Sabemos que a vida de ONZA ben seguro que non foi doada, pero ela está desexando entregar o seu corazón a quen lle de unha oportunidade.

Máis sobre ONZA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

viernes, 2 de septiembre de 2022

TAYLON

 

⚠️ ATENCIÓN ⚠️

🆘🆘🆘 URGENTE‼️🆘🆘🆘 

TAYLON no puede mas 😔
A pesar de todos los llamamientos que hicimos, TAYLON sigue en la perrera y el tiempo se le está escapando cada vez más rápido. Tiene 12 años y lleva 7 largos años en la perrera. Nadie lleva tanto tiempo como el. POR FAVOR, NECESITA AYUDA‼️🙏

Cada vez lo vemos mas desanimado, apagado, más triste... Hace poco más de un mes lo operaron de dos bultos, que afortunadamente no eran malos, pero tampoco conseguimos acogida para el...

Solo es un abuelito buscando una oportunidad. ‼️POR FAVOR, AYUDADNOS A DIFUNDIR‼️ Entre todos tenemos que encontrarle algo, no puede seguir así. No dejemos que se apague lentamente entre rejas.

¿Puedes ayudarle? Si no puedes ayúdanos difundiendo
________________________________________________

📅 Data de entrada: 08/07/2015
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande (45kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2010


TAYLON tivo unha vida moi dura xa que foi víctima de maltrato. É un can enormemente agradecido, moi bo, tranquilo e agarimoso. O único que desexa é pasear e estar contigo. Adora os mimos!! Leva moito tempo agardando a súa oportunidade. Anímate a coñecelo!!
 

Máis sobre TAYLON no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram

🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!

ROSCO

📅 Data de entrada: 11/12/2018
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/06/2017

 

ROSCO é un podenco galego, ten esa mirada tan doce coma triste. Chegou con moitísimos medos, e pouco a pouco está empezando a confiar e coller seguridade. É un canciño moi bo e sociable con outros cans. ROSCO precisa un pouquiño de paciencia, pero cando confía, entrega o seu corazón. ¿Namoraste desos olliños?

Máis sobre ROSCO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

DANTE

 

📅 Data de entrada: 09/09/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (17.3kg – 50cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2016


Este guapísimo peludo é DANTE. DANTE é un canciño que mistura o equilibrio perfecto entre un can independiente pero que ao mesmo tempo é agarimoso e tenro. Non é dos que non se separan de ti, pero sí dos que se achegan a pedir mimos e agradecen cada caricia meneando o rabiño a toda velocidade. DANTE é un can maravilloso que merece unha oportinidade ¿Queres coñecelo?

Máis sobre DANTE no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.


SABELA

 

⚠️ ATENCIÓN ⚠️

🆘🆘🆘 URGENTE‼️🆘🆘🆘


A SABELA su casa de acogida le cambió la vida. Pasó de ser una perrita triste y asustadiza, siempre escondida, con problemas de sobrepeso, y unos bultos en las mamas, a ser una perrita completamente FELIZ. Bajó de peso, la operamos de los bultos, se convirtió en una mimela y en definitiva empezó a conocer las cosas maravillosas que la vida te puede ofrecer.

Por motivos de fuerza mayor, a SABELA se le termina la acogida. POR FAVOR, NO PODEMOS DEJAR QUE VUELVA A LA PERRERA
ADOPCIÓN O ACOGIDA URGENTE PARA SABELA

OS PEDIMOS, MUCHA, MUCHÍSIMA DIFUSIÓN
_________________________________________________

📅 Data de entrada: 30/08/2018
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequena
🐶 Data de nacemento aproximada: 15/05/2010


SABELA, a nosa tímida e linda avoiña. Cando chegou estaba totalmente aterrorizada. É incrible os avances que fixo dende entón, interactúa cos demais cans, pide mimiños, sae a pasear con tódolos demáis... É unha cadela moi moi boa. Necesita urxentemente unha casiña, onde poder controlar a súa alimentación e saír a pasear un pouco, xa que necesita baixar de peso para poder operarse dun tumor nas mamas.

Máis sobre SABELA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

Podes ver un vídeo sobre SABELA no noso canal de YouTube:


 

TITO

 

📅 Data de entrada: 18/05/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (17.8kg – 42cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2011


TITO viviu boa parte da súa vida na rúa. Paseaba pola zona de Lourido e durante moito tempo se alimentou do que lle daban os veciños. Todo o mundo o coñecía polo seu carácter afable, pero os anos pasaban e el seguía sen ter un fogar. Cando entrou na canceira tiña un óso atravesado no paladar e non sabemos canto tempo levaría vivindo con esa terrible dor. TITO ten un carácter fantástico, e tranquilo e sociable con outros cans e encántalle estar coa xente. Valora cada pequeno detalle coa ilusión dun cativo, unha camiña calentiña, unha lata de comida rica e blandita… Pide mimos e disfruta deles coma ningún. Agora só lle falta atopar esa familia que lle de a vida nunca antes tivo ¿Anímaste?

Máis sobre TITO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram. 


jueves, 1 de septiembre de 2022

BONKA


 
📅 Data de entrada: 16/05/2022
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (7.75kg – 40cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/05/2021

BONKA foi recollido na zona de San Salvador de Poio e cando chegou estaba en moi malas condicións. BONKA ten problemas de visión, pero é un can maravilloso, cariñoso, dócil, e listo. É un mimelón, encántalle estar no colo ou simplemente estar sentado ou tumbado ao teu carón. Ademáis é moi sociable, non só con persoas, tamén se leva ben outros cans e mesmo con gatos. Ademáis e moi obediente e atende á chamada. ¿Queres darlle unha oportunidade a BONKA?

Máis sobre BONKA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

KATIA

📅 Data de entrada: 25/12/2018
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2010


KATIA é unha cadeliña que chegou sendo xa adulta. Ela é moi doce, boa e agarimosa. Chegou á canceira nunhas condicións moi malas, ferida, pero pronto se recuperou e como vedes xa está perfectamente. KATIA está lista para atopar un fogar! Merece esa oportunidade que aínda non tivo ¿Queres axudala?


Máis sobre KATIA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
 

Podes ver un vídeo sobre KATIA no noso canal de YouTube:

 

PELUCAS

 

📅 Data de entrada: 4/1/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (18.1kg – 54cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2014


Cando recolleron a PELUCAS levaba collar e semellaba ben coidado, sen embargo pasaron os días e ninguén o reclamou. Ademáis é un canciño moi moi agarimoso, un auténtico amor con todo o mundo!, por eso pensamos que nalgún momento tivo familia. PELUCAS é un can alegre, e sociable con outros canciños. Está desexando atopar unha familia para sempre. ¿Anímaste a coñecelo?

Máis sobre
PELUCAS no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram

 

HANS

📅 Data de entrada: 14/12/2015
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/06/2014


HANS é un caso especial, móstrase desconfiado cos extraños e sen embargo é moi cariñoso e sumiso coa xente na que confía. É un can boísimo, que probablemente foi maltratado e por eso ten este comportamento. HANS necesita alguén que lle brinde seguridade, confianza e cariño, e que teña paciencia e algunha experiencia nestes casos.


Máis sobre HANS no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram

🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!

PINCHO

📅 Data de entrada: 15/05/2019
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (13kg - 48cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 15/05/2015

 

¿Apetécevos un PINCHO perruno? PINCHO é para comelo a bicos!! É un podenquiño adorable e súper alegre. Sempre está a rir e a súa ledicia é contaxiosa! É un can cun carácter realmente xenial, sociable, agarimoso… ¿Queres darte un atracón de bicos? Ven a coñecelo!!.
 

Máis sobre PINCHO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

SKAY

 

📅 Data de entrada: 13/05/2021
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (5.8kg – 32cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2010


SKAY é ese tipo de cadela que a primeira vez que a ves, xa te namora. Aínda que é de tamaño pequeno, ten un corazón enorme! SKAY ten un carácter boísimo, lévase ben con outros cans, e tamén de marabilla coas persoas. É unha cadela moi tranquila, encántalle deitarse ao calorciño do sol a botar unha sesta e pórtase xenial nos paseos e calquer situación. ¿A que estas esperando para vir a coñecela?

Máis sobre SKAY no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram. 


jueves, 26 de mayo de 2022

RAQUEL

 

📅 Data de entrada: 15/01/2022
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (9.2kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 19/03/2012


RAQUEL é unha cadela boísima tando coas personas coma con outros cans. Encántanlle os mimos e deixase querer por todo aquel que lle ofrece unha caricia. Para ela os mimos nunca sobran!! RAQUEL ten un carácter moi tranquilo, pero tamén lle encanta xogar e pasear polo monte, o que fai dela unha cadela cun equilibrio maravilloso. Anímate a coñecela e déixate namorar!!

Máis sobre RAQUEL no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

lunes, 11 de abril de 2022

LOTTI

 

📅 Data de entrada: 04/12/2021
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (11.4kg – 44cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2015

LOTTI levaba tempo sobrevivindo preto duns molinos cando a recolleron. Ainda que non sabemos o seu pasado, cabe pensar que nalgún momento tivo familia porque é unha auténtica santiña. É unha cadela moi boa, tranquila e sumisa. Lévase de maravilla con outros cans, é moi sociable con eles e tamén coas persoas, encántalle a xente! LOTTI é feliz cando se achegan voluntarios á canceira e a sacan de paseo.  LOTTI é unha cadela dez, anímaste a coñecela?
 
Máis sobre LOTTI no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram. 

MAYKA

 

📅 Data de entrada: 01/02/2022
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Grande (32kg – 62cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2020


MAYKA é unha cadela moi nova e moi alegre. Encántalle estar con xente, non hai recibimentos como os dela, cando te ve, vai correndo a saludarte toda contenta e darte un súper abrazo. É tan efusiva, que semella que non se percata do seu tamaño e as veces parece incluso un pouco torpe. MAYKA é moi sociable cos demais cans e disfruta de verdade xogando con eles. Se queres encher o teu fogar de alegría, tes que coñecela!

Máis sobre MAYKA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

viernes, 8 de abril de 2022

SONIA

 

📅 Data de entrada: 18/01/2022
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (9.15kg – 31cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2017


SONIA é un auténtico anxo, se a coñeces é imposible non namorarse dela. É unha cadeliña moi moi boa e súper agarimosa, sempre anda pendente da xente buscando compañía e coa barriguiña disposta para recibir unas caricias. SONIA é moi sociable e pacífica con todo ser vivo, en resumo, unha compañeira ideal! ¿Daslle unha oportunidade?

Máis sobre SONIA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.  

jueves, 17 de marzo de 2022

CAPITAN SILVER

 

📅 Data de entrada: 01/10/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (6.3kg – 40cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2013


CAPITAN SILVER é avoiño moi entrañable, tranquilo e agarimoso. Na canceira está un pouco á defensiva porque non ve e non sabe quen se lle achega. A pesar do seu problema de visión, e un canciño moi sociable e lévase moi ben con tódolos demais. CAPITAN SILVER ten un soplo no corazón, pero o único síntoma que ten é botar en falta unha familia que lle de un fogar calentiño e todo o agarimo que merece. Está agardando por ti!

Máis sobre CAPITAN SILVER no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.


lunes, 14 de marzo de 2022

LUSY


📅 Data de entrada: 03/02/2022
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Grande (5.5kg – 30cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2021


LUSY é un auténtico bombón, e non so porque é pequeniña e escura, senón mais ben polo doce que é. É bonitiña por dentro e por fora. Ten un carácter marabilloso, é moi agarimosa coas persoas e sempre está alegre. Ademáis é moi sociable e encántalle xogar con outros cans ¿Qué máis se pode pedir? Pois ela o único que pide é unha familia ¿Queres que sea a túa?

Máis sobre LUSY no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

sábado, 5 de marzo de 2022

FOX

 
📅 Data de entrada: 08/02/2022
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (4.9kg – 30cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2019


Non sabemos cómo era a vida de FOX antes nin se sempre foi así, pero o certo e que ten un carácter maravilloso. FOX é un mimosete que sempre está contento. Sorprende a súa delicadeza e a súa dulzura pedindo caricias, é imposible decirlle que non! Lévase estupendamente con outros cans, sempre evita ter problemas con calquera, en resume, un can 10!

Máis sobre FOX no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

martes, 22 de febrero de 2022

ROKI

 

📅 Data de entrada: 28/09/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande (38.2kg – 60cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2019


ROKI é un gran can por dentro e por fóra. Imposible non namorarse do seu carácter. É un cativo agochado no corpo dun can grande, encántalle xogar e todo lle vale para entreterse un rato. Sempre anda azuzando aos outros cans para que xoguen con el. O seu carácter infantil, alegre e inocentón non te deixará indiferente. Con esa dulzura tan súa faise moitísimo de querer. Achégate a xogar con el e dalle unha oportunidade!

Máis sobre ROKI no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

sábado, 12 de febrero de 2022

AIVI


📅 Data de entrada: 11/03/2021
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano
🐶 Data de nacemento aproximada: 09/05/2019


Esta preciosidade é AIVI. AIVI é unha cadela moi agarimosa pero ao mesmo tempo moi activa, encántalle xogar! Da o mesmo se é cunha corda, pelota, pau, piña ou o que sexa. Ela quere xogar e calquer excusa é boa!. Encántalle sair de de paseo e ademáis vai de marabilla coa correa, non tira nada. E unha cadeliña moi nova, alegre, chea de vida e ganas de comerse o mundo ¿Queres deixarte namorar por ela? Está agardándote!

Máis sobre AIVI no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!

martes, 1 de febrero de 2022

RONIA

 

📅 Data de entrada: 25/06/2021
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Grande (42kg – 65cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/202
0

RONIA é a grandullona da Canceira, en tamaño pero tamén en corazón. É unha cadela moi nova e ten un carácter realmente maravilloso. É coma un bebe grande! Increiblemente noble, inocente e boa, ela soa pode pasar un bo rato cun xoguete ou facendo a croquetiña na herba. A pesar da súa xuventude é moi tranquila e pasea xenial coa correa e ademáis é súper sociable con outros cans e con persoas. Deíxate namorar por ela!!

Máis sobre RONIA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.