lunes, 29 de junio de 2020

CAMELO

 

📅 Data de entrada: 11/02/2019
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (15kg - 47cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/06/2017


Doce e fermoso, CAMELO é un canciño de tamaño mediano. CAMELO é moi sociable con outros cans cans e persoas, sempre evita os conflictos. Bó e cariñoso, é coma un cachorriño, encántalle xogar e saír de paseo. E o compañeiro perfecto!! ¿Queres darlle ti a oportunidade que está a esperar? Corres o risco de namorarte!!

Máis sobre CAMELO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

jueves, 18 de junio de 2020

MAIS

 

📅 Data de entrada: 12/09/2019
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (13kg - 40cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/06/2015


MAIS apareceu cos seus canciños cando acababan de nacer e demostrou ser unha nai valerosa e extraordinaria. É unha cadela única, tan fermosa por dentro coma por fora. Aínda que é un pouco tímida, esta grifonciña é doce, agarimosa, sociable e incriblemente agradecida. Todos os seus pequenos atoparon fogar e agora tócalle a ela ter a mesma sorte ¿Anímaste a coñecer o amor de verdadeiro?

Máis sobre MAIS no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

jueves, 11 de junio de 2020

FLOPPY

 

📅 Data de entrada: 27/02/2019
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (16kg - 41cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2017


FLOPPY é un canciño extraordinario, bo, cariñoso, xoguetón e sociable. E ó peludo máis peludo da canceira! Sempre alegre, encántalle saír de paseo. Disfruta moitisimo! Na canceira pasa moito tempo na gaiola ¿Podes axudarnos a buscar un fogar para el?

Máis sobre FLOPPY no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.