Mostrando entradas con la etiqueta Machos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Machos. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de septiembre de 2022

FENDOR


📅 Data de entrada: 05/08/2022
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (11.25kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2011

FENDOR é un avoíño que chegou á canceira en moi malas condición. Tiña o pelaxe tan mal que tivo que pasar por perruquería e os dentes tan feitos un desastre que tivemos que facerlle unha boa limpeza bucal. A vida de FENDOR non debeu ser nada fácil, aínda que non rechaza as caricias, semella que non recibiu moitas na súa vida porque non sabe o que son. E hora de que lle cambie a sorte e ti podes facelo realidade ¿Anímaste a coñecelo?

Máis sobre FENDOR no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

viernes, 23 de septiembre de 2022

MARLEY


📅 Data de entrada: 29/06/2022
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (28.65kg – 56cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2021


¿Crees no amor a primeira vista? Porque MARLEY só precisa uns minutos para namorarte. É un can moi novo, estupendo, bo, agarimoso, sociable tanto con persoas como con outros cans e moi moi guapetón. Anímaste a coñecelo? Precisa unha familia que o queira e que lle gusten os lambetóns e os cans simpáticos e divertidos

Máis sobre MARLEY no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

CARUSO


📅 Data de entrada: 21/06/2022
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano-grande (25.5kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/06/2020

CARUSO foi recollido na Escusa e estaba ben coidado pero coa marca do collar no pescozo. Pensamos que tal vez o perdera pero tras difundilo ninguén o reclamou e a opción do abandono foi collendo cada vez máis forza. CARUSO é un can que sen dúbida tivo familia, ten un carácter marabilloso, é agarimoso, sociable, pasea xenial coa correa… Encántalle estar coas persoas, se está no patio ou paseando, sempre está pendente de ti ¿Daslle unha oportunidade?

Máis sobre CARUSO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram
.

domingo, 4 de septiembre de 2022

DUKE

 

📅 Data de entrada: 19/07/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (9.1kg – 44cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2017

DUKE é un podenquiño encantador. Ao principio é un pouco tímido coa xente, pero cun pouco de paciencia de seguida se anima a acercarse a pedir mimiños e estar ao teu carón. Encántalle pasear!! É un auténtico fan dos paseos, así que se o sacas un pouco do canil, xa tes o seu corazón gañado. E moi sociable con outros cans, é un canciño activo en encántalle xogar cos demáis. Cando sae ao patio corre e xoga coma un cativo. ¿Queres vir a coñecer a DUKE? Te enamorarás!

Máis sobre DUKE no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.  


PEPON

📅 Data de entrada: 17/11/2018
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (20kg - 41cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2018

 

Este pequeno é PEPON. É un canciño con moita enerxía e moi alegre. As súas pequenas patiñas fan del un peludo moi simpático. É noviño e de tamaño mediano. Encántalle ser o centro de atención e o que máis lle gusta é estar coa xente e saír de paseo! ¿Queres coñecelo?
 
Máis sobre PEPON no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!

LEO


📅 Data de entrada: 28/10/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (23.6kg – 51cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 20/08/2010


LEO foi recollido xunta ONZA na zona da Escusa, nunhas condicións terribles, unha delgadez extrema, as orellas abertas, os dentes en moi mal estado e feridas polo corpo. No nos imaxinamos o mal que o tivo que pasar, e a pesar de todo eso, LEO é un avoiño moi agarimoso, tranquilo e obediente. LEO é un can agradecido e moi leal, sinal de que ninguén antes o tratara con amor. Só precisa un oco na túa casa e no teu corazón ¿Podes darlle unha oportunidade?

Máis sobre LEO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
 
 
🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!

 

sábado, 3 de septiembre de 2022

JEYCO

 

📅 Data de entrada: 30/09/2020
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/03/2017


JEYCO é un deses canciños que namora dende o primeiro momento. É moi boíño e agarimoso, encántalle deitarse panza arriba para que lle rasquen a barriga e den mimos. Tamén é un gran modelo! Lonxe de terlle medo ás cámaras, disfruta posando para as fotos. É un can moi novo que xa coñece o abandono… Agora buscamos para el un fogar de verdade e unha familia que nunca o abandone ¿Queres vir a coñecelo?

Máis sobre JEYCO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

OSLO


📅 Data de entrada: 08/07/2019
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (11kg - 36cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/07/2012


Imposible non namorarse desas orelliñas puntiagudas e deses andares saltarines que caracterizan a OSLO. OSLO é un podenquiño adorable, cariñoso, sociable con cans e persoas, sempre con esa expresión tan doce na cara. ¿Anímaste a darlle unha orpotunidade?

Máis sobre OSLO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

viernes, 2 de septiembre de 2022

TAYLON

 

⚠️ ATENCIÓN ⚠️

🆘🆘🆘 URGENTE‼️🆘🆘🆘 

TAYLON no puede mas 😔
A pesar de todos los llamamientos que hicimos, TAYLON sigue en la perrera y el tiempo se le está escapando cada vez más rápido. Tiene 12 años y lleva 7 largos años en la perrera. Nadie lleva tanto tiempo como el. POR FAVOR, NECESITA AYUDA‼️🙏

Cada vez lo vemos mas desanimado, apagado, más triste... Hace poco más de un mes lo operaron de dos bultos, que afortunadamente no eran malos, pero tampoco conseguimos acogida para el...

Solo es un abuelito buscando una oportunidad. ‼️POR FAVOR, AYUDADNOS A DIFUNDIR‼️ Entre todos tenemos que encontrarle algo, no puede seguir así. No dejemos que se apague lentamente entre rejas.

¿Puedes ayudarle? Si no puedes ayúdanos difundiendo
________________________________________________

📅 Data de entrada: 08/07/2015
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande (45kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2010


TAYLON tivo unha vida moi dura xa que foi víctima de maltrato. É un can enormemente agradecido, moi bo, tranquilo e agarimoso. O único que desexa é pasear e estar contigo. Adora os mimos!! Leva moito tempo agardando a súa oportunidade. Anímate a coñecelo!!
 

Máis sobre TAYLON no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram. 

🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!

ROSCO

📅 Data de entrada: 11/12/2018
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/06/2017

 

ROSCO é un podenco galego, ten esa mirada tan doce coma triste. Chegou con moitísimos medos, e pouco a pouco está empezando a confiar e coller seguridade. É un canciño moi bo e sociable con outros cans. ROSCO precisa un pouquiño de paciencia, pero cando confía, entrega o seu corazón. ¿Namoraste desos olliños?

Máis sobre ROSCO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

DANTE

 

📅 Data de entrada: 09/09/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (17.3kg – 50cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2016


Este guapísimo peludo é DANTE. DANTE é un canciño que mistura o equilibrio perfecto entre un can independiente pero que ao mesmo tempo é agarimoso e tenro. Non é dos que non se separan de ti, pero sí dos que se achegan a pedir mimos e agradecen cada caricia meneando o rabiño a toda velocidade. DANTE é un can maravilloso que merece unha oportinidade ¿Queres coñecelo?

Máis sobre DANTE no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.


TITO

 

📅 Data de entrada: 18/05/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (17.8kg – 42cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2011


TITO viviu boa parte da súa vida na rúa. Paseaba pola zona de Lourido e durante moito tempo se alimentou do que lle daban os veciños. Todo o mundo o coñecía polo seu carácter afable, pero os anos pasaban e el seguía sen ter un fogar. Cando entrou na canceira tiña un óso atravesado no paladar e non sabemos canto tempo levaría vivindo con esa terrible dor. TITO ten un carácter fantástico, e tranquilo e sociable con outros cans e encántalle estar coa xente. Valora cada pequeno detalle coa ilusión dun cativo, unha camiña calentiña, unha lata de comida rica e blandita… Pide mimos e disfruta deles coma ningún. Agora só lle falta atopar esa familia que lle de a vida nunca antes tivo ¿Anímaste?

Máis sobre TITO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram. 


jueves, 1 de septiembre de 2022

BONKA


 
📅 Data de entrada: 16/05/2022
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (7.75kg – 40cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/05/2021

BONKA foi recollido na zona de San Salvador de Poio e cando chegou estaba en moi malas condicións. BONKA ten problemas de visión, pero é un can maravilloso, cariñoso, dócil, e listo. É un mimelón, encántalle estar no colo ou simplemente estar sentado ou tumbado ao teu carón. Ademáis é moi sociable, non só con persoas, tamén se leva ben outros cans e mesmo con gatos. Ademáis e moi obediente e atende á chamada. ¿Queres darlle unha oportunidade a BONKA?

Máis sobre BONKA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

PELUCAS

 

📅 Data de entrada: 4/1/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (18.1kg – 54cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2014


Cando recolleron a PELUCAS levaba collar e semellaba ben coidado, sen embargo pasaron os días e ninguén o reclamou. Ademáis é un canciño moi moi agarimoso, un auténtico amor con todo o mundo!, por eso pensamos que nalgún momento tivo familia. PELUCAS é un can alegre, e sociable con outros canciños. Está desexando atopar unha familia para sempre. ¿Anímaste a coñecelo?

Máis sobre
PELUCAS no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram. 

 

HANS

📅 Data de entrada: 14/12/2015
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/06/2014


HANS é un caso especial, móstrase desconfiado cos extraños e sen embargo é moi cariñoso e sumiso coa xente na que confía. É un can boísimo, que probablemente foi maltratado e por eso ten este comportamento. HANS necesita alguén que lle brinde seguridade, confianza e cariño, e que teña paciencia e algunha experiencia nestes casos.


Máis sobre HANS no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram. 

🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!

PINCHO

📅 Data de entrada: 15/05/2019
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (13kg - 48cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 15/05/2015

 

¿Apetécevos un PINCHO perruno? PINCHO é para comelo a bicos!! É un podenquiño adorable e súper alegre. Sempre está a rir e a súa ledicia é contaxiosa! É un can cun carácter realmente xenial, sociable, agarimoso… ¿Queres darte un atracón de bicos? Ven a coñecelo!!.
 

Máis sobre PINCHO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.