viernes, 18 de junio de 2021

NAPOLEON

📅 Data de entrada: 17/04/2017
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (18kg - 52cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2016


Este guapísimo e simpático cadeliño é NAPOLEON. De tamaño mediano e aproximadamente 3 anos de idade. Fermoso por fóra, dun precioso cor negro azabache, e fermoso por dentro. Doce, cariñoso, sociable, alegre... 

NAPOLEÓN foi recollido polo lacero na terraza dun bar despois de pasar alí toda unha mañá. Pouco despois escapou e marchou tras uns peregrinos, e ¿sabedes onde acabou? De novo na terraza dun bar! Se o que te gusta é saír ao vermú, NAPOLEON é teu can perfecto!

Máis sobre NAPOLEON no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

miércoles, 2 de junio de 2021

PENO


📅 Data de entrada: 19/12/2020
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande (35.9kg – 65cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2019

Desconocemos o pasado de PENO. Chegou á canceira cunha antiga ferida sin pechar, probablemente dalgún ataque que recibiu. Pensamos que algún día debeu ter familia, porque é moi agarimoso coa xente e encántalle estar acompañado. Ademáis é un can novo, que disfruta moitísimo xogando! non lle importa con qué, tanto lle ten que sea unha pelota ou unha corda, non precisa máis para entretenerse. Está agardando que alguén lle abra as portas do seu corazón e tamén da súa casa. 
 
Máis sobre PENO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.