sábado, 30 de enero de 2021

LUCAS

 

📅 Data de entrada: 4/1/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (9.6kg – 33cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2020


LUCAS apareceu una Escusa e ainda que semellaba que tiña familia ninguén o reclamou. De carácter sociable, alegre e xoguetón, é un peludiño moi novo que busca o amor e o calor dun fogar para toda a vida! Se podes darlle esas dúas cousas ¿A que estas esperando para coñecelo?

Máis sobre LUCAS no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

viernes, 29 de enero de 2021

ALVIN

📅 Data de entrada: 05/05/2018
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (11kg - 47cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2013


ALVIN é un podenquiño galego encantador. Só hay que mirar nos seus olliños para facerte unha idea de como é. Cariñoso e lambon. Cando paseas con el, non se sae do teu carón. ALVIN necesita unha familia para saber o qué vivir fóra da canceira. ¿Queres coñecelo?


Máis sobre ALVIN no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

lunes, 18 de enero de 2021

CHULI

 

📅 Data de entrada: 07/1/2021
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano (23kg – 50cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 09/11/2012

Esta é CHULI e era a cadeliña do párroco de Raxó. Cando él faleceu, ela perdeu toda a familia que tiña. CHULI tivo que subir á canceira e non entende nada, está desubicada e asustada e non deixa de buscar unha cara coñecida. E moi mansa, pero na canceira non se adapta entre tantos animais ¿Podes darlle unha oportunidade?

Máis sobre CHULI no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

miércoles, 13 de enero de 2021

CHIMPO


📅 Data de entrada: 13/03/2020
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (8.7kg - 34cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/06/2018


CHIMPO é un podenquiño guapísimo! É un canciño moi simpático, de tamaño pequeno, listo, doce e agarimoso. Ademáis e moi sociable e lévase ben con outros cans. É activo pero non precisa estar todo o día facendo exercicio ¿Gustaríache coñecelo?

Máis sobre CHIMPO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

sábado, 9 de enero de 2021

SHANA


📅 Data de entrada: 12/12/2018
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2012


Un pouco toliña, alegre, agarimosa,... só temos boas palabras para SHANA. Chegou á canceira en moi mal estado. Ven dun pasado cheo de maltrato e a pesar diso, é una cadela boíña e moi xoguetona. Encántanlle xogar á pelota! Queremos que olvide ese pasado e comece a súa nova vida ¿Axúdasnos?


Máis sobre SHANA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!

 

THALÍA


📅 Data de entrada: 21/10/2019
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (8.4kg - 43cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/06/2017

 

Hai olladas que enamoran e a de THALÍA é unha delas. É unha podenquiña galega de tamaño mediano, moi doce e un pouco tímida ao principio. THALÍA é perfecta se buscas unha compañeira tranquila coa que ir de paseo, xa que vai super ben coa correa, sempre ao teu carón. Ten un carácter maravilloso e é moi sociable con outros cans.

Máis sobre THALÍA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.