martes, 22 de febrero de 2022

ROKI

 

📅 Data de entrada: 28/09/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande (38.2kg – 60cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2019


ROKI é un gran can por dentro e por fóra. Imposible non namorarse do seu carácter. É un cativo agochado no corpo dun can grande, encántalle xogar e todo lle vale para entreterse un rato. Sempre anda azuzando aos outros cans para que xoguen con el. O seu carácter infantil, alegre e inocentón non te deixará indiferente. Con esa dulzura tan súa faise moitísimo de querer. Achégate a xogar con el e dalle unha oportunidade!

Máis sobre ROKI no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

sábado, 12 de febrero de 2022

AIVI


📅 Data de entrada: 11/03/2021
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano
🐶 Data de nacemento aproximada: 09/05/2019


Esta preciosidade é AIVI. AIVI é unha cadela moi agarimosa pero ao mesmo tempo moi activa, encántalle xogar! Da o mesmo se é cunha corda, pelota, pau, piña ou o que sexa. Ela quere xogar e calquer excusa é boa!. Encántalle sair de de paseo e ademáis vai de marabilla coa correa, non tira nada. E unha cadeliña moi nova, alegre, chea de vida e ganas de comerse o mundo ¿Queres deixarte namorar por ela? Está agardándote!

Máis sobre AIVI no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!

martes, 1 de febrero de 2022

RONIA

 

📅 Data de entrada: 25/06/2021
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Grande (42kg – 65cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/202
0

RONIA é a grandullona da Canceira, en tamaño pero tamén en corazón. É unha cadela moi nova e ten un carácter realmente maravilloso. É coma un bebe grande! Increiblemente noble, inocente e boa, ela soa pode pasar un bo rato cun xoguete ou facendo a croquetiña na herba. A pesar da súa xuventude é moi tranquila e pasea xenial coa correa e ademáis é súper sociable con outros cans e con persoas. Deíxate namorar por ela!!

Máis sobre RONIA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.