¡Quero adoptar!

ENCHE O TEU FOGAR DE AMOR ❤️
Achégate a Canceira de Poio e adopta un dos cans que están agardando a súa familia.

ADOPCIÓN RESPONSABLE EN 6 PASOS:

1.- ¿Estás preparado para adoptar un can?  

A adopción require moita responsabilidade. É un ser vivo que precisará dos teus coidados toda a súa vida. Temos que estar seguros de dispor do tempo suficiente, do entorno adecuado, do diñeiro para a súa alimentación e correcta atención veterinaria,… Ter un can require responsabilidade, tempo e cartos… pero tamén nos aportará grandes satisfaccións.

2.- ¿Cal é o can que mellor se axusta ao teu estilo de vida?

Non debes guiarte pola estética do animal, senón polas túas circunstancias e o carácter do animal, que sexa un can que se adapte ao teu tipo de vida. Cada can é diferente, co seu carácter e personalidade, nós asesorámoste sobre cal se adaptará mellor ao teu estilo de vida e ao teu entorno.

3.- Decisión tomada! 

Podes facerte cargo dunha mascota, así que procederemos a facerche unha entrevista, normalmente na túa casa, para coñecer a futura familia do can e saber onde e como vai vivir. Ti podes coñecer ós cans antes ou despóis da entrevista, pero nunca se entrega o can ao adoptante sen facela.
MOI IMPORTANTE: Non damos cans en adopción para facer regalos, o contacto ten que ser directamente co adoptante, non se admiten intermediarios.

4.- Firma do contrato de adopción

Os cans entréganse vacinados, desparasitados, co chip obrigatorio e, na maior parte dos casos, esterilizados, sendo compromiso do adoptante a esterilización se aínda non o estivera. Coa firma deste contrato o can pasará a estar baixo os teus coidados, aínda que a asociación fai seguimento das adopcións. Encántanos ter noticias dos nosos canciños e ver o felices que son nas súas novas familias!
No contrato te comprometes:
✔️ Ter o can baixo a túa custodia, proporcionándolle unha alimentación adecuada, coidados hixiénicos necesarios, afecto e asistencia veterinaria.
✔️ Proporcionarlle un entorno de vida seguro e agradable, facilitándolle a súa socialización con outras persoas e animais.
✔️ Non ter o animal atado a excepción do cumprimento da normativa legal municipal en relación á necesidade do uso da correa para os paseos.
✔️ Non destinalo á cría.
⚠️ O incumprimento do contrato en calquera dos seus puntos daría lugar a sanción económica e requirimento do animal.

5.- Rexistro do animal ao teu nome. 

É obligatorio que os datos do adoptante figuren no rexistro do chip do can. O seu custo é aproximadamente 30€ e faise unha única vez no centro veterinario.

6.- E a disfrutar!!  

A túa nova mascota pasa a ser un membro máis da túa familia!

No hay comentarios:

Publicar un comentario