📅 Data de entrada: 08/09/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (8.2kg – 43cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/09/2020
LENON foi recollido preto de Laño e levaba un colar moi vello, polo que pensamos que nalgún momento tivo familia. Sen embargo estaba cuberto de pulgas e pasaron os días e ninguén o reclamou. LENON é un canciño moi agarimoso e activo, coa personalidade dun cativo. Non se separa do teu carón, sempre buscando a túa protección e a túa atención. É sociable con outros cans e é tan boiño que os demáis fan del un pandeiro. ¿Anímaste a coñecer a este pequeno alegre e cheo de vida?
Máis sobre LENON no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
viernes, 22 de octubre de 2021
LENON
viernes, 8 de octubre de 2021
NORA
NORA vivía atada a unha cadea. Cando chegou, estaba en moi mal estado e tiña as orellas completamente comidas polas moscas. Pero NORA ten moitísimas ganas de vivir e desfrutar! É unha cadela con un carácter moi alegre. O primeiro que fai cando abrimos o seu canil é saír correndo e pegarse un par de carreiras polo patio e de seguido achégase coma unha tola a agradecercho e a pedirte unas caricias. É boiísima! e sociable tanto con persoas como con outros cans ¿Queres darlle a familia que nunca tivo?
viernes, 1 de octubre de 2021
MAX
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (14.25kg – 44cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2014
Cando recolleron a MAX levaba collar, pero a pesar de que buscamos á súa posible familia, nunca ninguén o reclamou. É un canciño cun carácter excepcional, é tranquilo, agarimoso e agradecido. Cando te despistas xa o tes ao teu carón pedíndote mimos! É sociable con cans e persoas e gústalle xogar a andar a correr detrás doutros cans. O que máis lle gusta a MAX son os paseos, encántalle saír!! ¿Queres que te acompañe?
jueves, 16 de septiembre de 2021
DEXTER
Cando DEXTER chegou semellaba ben coidado, polo que pensamos que deseguido o reclamaría a súa familia. Pero non foi así. DEXTER non é máis ca un cachorro e como tal encántalle xogar e correr. É un can moi sociable cos demáis, na canceira non ten problemas cos outros, ao contrario, desfruta xogando con eles! Coas personas é un auténtico encanto, doce e agarimoso e busca estar acompañado. É unha auténtica xoia, ¿Queres facerlle un oco no teu corazón?
lunes, 13 de septiembre de 2021
TEO
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (20kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2015
TEO é un can realmente fantástico! un auténtico amor! Moi bo e sociable. Encántalle xogar a pelota, salir a pasear... Cos seus xoguetes é moi tenro, coidaos e protéxeos como se foran os seus cachorriños. É adorable, ven a coñecelo e te enamorará!
Máis sobre TEO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!
Podes ver un vídeo sobre TEO no noso canal de YouTube:
viernes, 10 de septiembre de 2021
LIONEL
📅 Data de entrada: 24/08/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (8.6kg – 35cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/08/2019
LIONEL é un canciño moi novo, un pouco tímido ao principio, pero que de seguida colle confianza e non sae do teu carón. Só temos boas palabras para él, é un pequeño realmente adorable, encántalle a compañía e pasea moi ben. Ademáis é un canciño moi limpo! Non fai nada dentro do canill. LIONEL agarda na canceira ata que lle abras as portas do teu corazón e da túa casa ¿Anímaste?
Máis sobre LIONEL no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
miércoles, 25 de agosto de 2021
STAN
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (10.25kg – 30cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2016
STAN foi recollido acompañado de OLLIE. Cando os atoparon estaban os dous en bo estado, pero a pesar da difusión ninguén os reclamou. STAN é un canciño de tamaño pequeno, un pouco tímido ao principio pero que en canto perde esa timidez inicial, adora os mimos e non se separa de ti. ¿Queres coñecelo?
Máis sobre STAN no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
miércoles, 18 de agosto de 2021
BALU
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande (29kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2014
BALÚ é un pouco tímido ao principio, pero él quere confiar e cando te coñece adora os mimos. É un can cuna carácter excepcional, tranquilo, que nunca quere meterse en problemas. Ademáis gústalle moito pasear e vai xenial con correa. Se buscas un can adorable e tranquilo, ven a coñecer a BALU!
Máis sobre BALÚ no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
viernes, 16 de julio de 2021
PERLA
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (11kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2016
PERLA é unha cadela moi activa, curiosa, lista, e cariñosa, moi cariñosa ... Só precisa actividade e compañía. Se podes darlle iso, tes a cadela perfecta para ti!! É noviña, aproxidamente tres anos. Leva case toda a súa vida na canceira, e creemos que merece encontrar por fin un fogar para toda a vida. ¿Queres coñecela?
Máis sobre PERLA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
viernes, 18 de junio de 2021
NAPOLEON
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (18kg - 52cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2016
Este guapísimo e simpático cadeliño é NAPOLEON. De tamaño mediano e aproximadamente 3 anos de idade. Fermoso por fóra, dun precioso cor negro azabache, e fermoso por dentro. Doce, cariñoso, sociable, alegre...
NAPOLEÓN foi recollido polo lacero na terraza dun bar despois de pasar alí toda unha mañá. Pouco despois escapou e marchou tras uns peregrinos, e ¿sabedes onde acabou? De novo na terraza dun bar! Se o que te gusta é saír ao vermú, NAPOLEON é teu can perfecto!
Máis sobre NAPOLEON no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
miércoles, 2 de junio de 2021
PENO
Desconocemos o pasado de PENO. Chegou á canceira cunha antiga ferida sin pechar, probablemente dalgún ataque que recibiu. Pensamos que algún día debeu ter familia, porque é moi agarimoso coa xente e encántalle estar acompañado. Ademáis é un can novo, que disfruta moitísimo xogando! non lle importa con qué, tanto lle ten que sea unha pelota ou unha corda, non precisa máis para entretenerse. Está agardando que alguén lle abra as portas do seu corazón e tamén da súa casa.
sábado, 15 de mayo de 2021
LANA
📅 Data de entrada: 30/03/2021
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (18.4kg – 37cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2016
LANA é auténtico amor. É unha simpática cadeliña, cun carácter extraordinario, sempre está disposta a recibir unha caricia, un agarimo e ademáis deixa ben claro que lle encantan. É boíña, agarimosa, alegre e sociable con outros cans, non ten problemas con ninguén ¿Qué máis se pode pedir? Agora só lle falta unha familia que a valore e quera compartir a vida con ela. Anímate a coñecela e te enamorará, non te arrepentirás!
Máis sobre LANA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
viernes, 16 de abril de 2021
ROQUE
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (12.5kg – 31cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2015
Non sabemos canto tempo levaba ROQUE na rúa cando foi rescatado, o que si sabemos e que non debía ser pouco. Varias persoas intentaron collelo pero non deixaba que ninguén se achegara, estaba morto de medo! Sen embargo, cando por fin entrou una canceira, ROQUE cambiou. Ese medo aterrador ás persoas esfumouse completamente ao ver os coidados e os mimos que lle ofrecían. ROQUE é un can moi moi agradecido, súper sociable con outros cans, agarimoso, tranquilo e realmente boíño. ROQUE necesita unha familia que lle amose o fermosa que pode ser a vida, a cambio ofrece o amor máis incondicional que podes imaxinar!
Máis sobre ROQUE no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
jueves, 8 de abril de 2021
GANDALF
🆘🆘🆘 URGENTE‼️🆘🆘🆘
Tiene 12 años y la vida en la perrera es cada vez más dura para el y sus huesos están empezando a notarlo. El frío y la humedad son terribles para él! Es un abuelito encantador, alegre y muy muy cariñoso y mimelo.
miércoles, 31 de marzo de 2021
BERNARD
📅 Data de entrada: 19/09/2015
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2015
BERNARD, é bo por natureza. No canil nunca tivo problema con ningún can, sempre amable e brincallón, inocente e de bo humor. Se hai unha pelexa, vaise á outra esquina. Eso si, é a primeiro na fila se hai un ración de mimos ou unha porción de salchichas... El adora que lle acaricies a súa barriga e se pon boca arriba en décimas de segundo.
Máis sobre BERNARD no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
domingo, 28 de febrero de 2021
COCO
COCO é un pequeno encantador, tranquilo, moi agarimoso e sensible. Se lle tendes a man, non se separará de ti nunca máis. Tal vez nalgún momento da súa vida anterior tivo un fogar, porque sempre busca o contacto coas personas e estar ao teu carón! Encántalle dar paseos, disfruta moítisimo deles sobre todo se non chove. Ademáis é un canciño moi limpo e se adapta estupendamente. Sociable con persoas, con cans e mesmo con gatos ¿A que estas esperando para coñecelo?
miércoles, 24 de febrero de 2021
NESTER
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (12.8kg – 52cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2018
NESTER é un podenquiño un pouco tímido. Semella que a vida que tivo fixo que lle coste confiar nas persoas. Sen embargo, cando comproba que non hay que temer, é súper agarimoso e moi moi agradecido, valora cada mimo e cada caricia, como se foran as primeiras que recibe. Ademáis está afeito a estar con outros cans e non ten problemas con eles. NESTER está agardando que alguén se fixe nel para poder confiar completamente ¿Queres ser ti?
Máis sobre NESTER no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
sábado, 30 de enero de 2021
LUCAS
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (9.6kg – 33cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2020
LUCAS apareceu una Escusa e ainda que semellaba que tiña familia ninguén o reclamou. De carácter sociable, alegre e xoguetón, é un peludiño moi novo que busca o amor e o calor dun fogar para toda a vida! Se podes darlle esas dúas cousas ¿A que estas esperando para coñecelo?
Máis sobre LUCAS no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
viernes, 29 de enero de 2021
ALVIN
📅 Data de entrada: 05/05/2018
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (11kg - 47cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2013
ALVIN é un podenquiño galego encantador. Só hay que mirar nos seus olliños para facerte unha idea de como é. Cariñoso e lambon. Cando paseas con el, non se sae do teu carón. ALVIN necesita unha familia para saber o qué vivir fóra da canceira. ¿Queres coñecelo?
Máis sobre ALVIN no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
lunes, 18 de enero de 2021
CHULI
Esta é CHULI e era a cadeliña do párroco de Raxó. Cando él faleceu, ela perdeu toda a familia que tiña. CHULI tivo que subir á canceira e non entende nada, está desubicada e asustada e non deixa de buscar unha cara coñecida. E moi mansa, pero na canceira non se adapta entre tantos animais ¿Podes darlle unha oportunidade?
Máis sobre CHULI no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
miércoles, 13 de enero de 2021
CHIMPO
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (8.7kg - 34cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/06/2018
CHIMPO é un podenquiño guapísimo! É un canciño moi simpático, de tamaño pequeno, listo, doce e agarimoso. Ademáis e moi sociable e lévase ben con outros cans. É activo pero non precisa estar todo o día facendo exercicio ¿Gustaríache coñecelo?
Máis sobre CHIMPO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
sábado, 9 de enero de 2021
SHANA
📅 Data de entrada: 12/12/2018
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2012
Un pouco toliña, alegre, agarimosa,... só temos boas palabras para SHANA. Chegou á canceira en moi mal estado. Ven dun pasado cheo de maltrato e a pesar diso, é una cadela boíña e moi xoguetona. Encántanlle xogar á pelota! Queremos que olvide ese pasado e comece a súa nova vida ¿Axúdasnos?
Máis sobre SHANA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!
THALÍA
📅 Data de entrada: 21/10/2019
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (8.4kg - 43cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/06/2017
Hai olladas que enamoran e a de THALÍA é unha delas. É unha podenquiña galega de tamaño mediano, moi doce e un pouco tímida ao principio. THALÍA é perfecta se buscas unha compañeira tranquila coa que ir de paseo, xa que vai super ben coa correa, sempre ao teu carón. Ten un carácter maravilloso e é moi sociable con outros cans.
Máis sobre THALÍA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.