Mostrando entradas con la etiqueta PPP. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PPP. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de septiembre de 2022

MUÑECA

📅 Data de entrada: 17/11/2018
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano (21kg - 52cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2018


MUÑECA é unha auténtica beleza! É imposible non namorarse desa cariña simpática e afiada. É unha cadela nova, activa, agarimosa e sempre está contenta. A canceira non é lugar para ela, precisa un lugar onde correr e xogar. ¿Anímaste a coñecela?

Máis sobre MUÑECA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
 

🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!

domingo, 4 de septiembre de 2022

PEPON

📅 Data de entrada: 17/11/2018
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (20kg - 41cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2018

 

Este pequeno é PEPON. É un canciño con moita enerxía e moi alegre. As súas pequenas patiñas fan del un peludo moi simpático. É noviño e de tamaño mediano. Encántalle ser o centro de atención e o que máis lle gusta é estar coa xente e saír de paseo! ¿Queres coñecelo?
 
Máis sobre PEPON no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!

LEO


📅 Data de entrada: 28/10/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (23.6kg – 51cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 20/08/2010


LEO foi recollido xunta ONZA na zona da Escusa, nunhas condicións terribles, unha delgadez extrema, as orellas abertas, os dentes en moi mal estado e feridas polo corpo. No nos imaxinamos o mal que o tivo que pasar, e a pesar de todo eso, LEO é un avoiño moi agarimoso, tranquilo e obediente. LEO é un can agradecido e moi leal, sinal de que ninguén antes o tratara con amor. Só precisa un oco na túa casa e no teu corazón ¿Podes darlle unha oportunidade?

Máis sobre LEO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
 
 
🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!

 

sábado, 3 de septiembre de 2022

ONZA

 

📅 Data de entrada: 28/10/2021
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano (20.7kg – 55cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2010


ONZA foi recollida xunta LEO en moi mal estado. Estaba tan desnutrida que cando chegou á canceira notábanselle as costelas. ONZA é unha cadela moi boíña e agarimosa, tremendamente agradecida, tanto que te sigue a todas partes. A súa ollada amosa verdadeira devoción hacia quen a coida e lle da mimos. Sabemos que a vida de ONZA ben seguro que non foi doada, pero ela está desexando entregar o seu corazón a quen lle de unha oportunidade.

Máis sobre ONZA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

viernes, 2 de septiembre de 2022

TAYLON

 

⚠️ ATENCIÓN ⚠️

🆘🆘🆘 URGENTE‼️🆘🆘🆘 

TAYLON no puede mas 😔
A pesar de todos los llamamientos que hicimos, TAYLON sigue en la perrera y el tiempo se le está escapando cada vez más rápido. Tiene 12 años y lleva 7 largos años en la perrera. Nadie lleva tanto tiempo como el. POR FAVOR, NECESITA AYUDA‼️🙏

Cada vez lo vemos mas desanimado, apagado, más triste... Hace poco más de un mes lo operaron de dos bultos, que afortunadamente no eran malos, pero tampoco conseguimos acogida para el...

Solo es un abuelito buscando una oportunidad. ‼️POR FAVOR, AYUDADNOS A DIFUNDIR‼️ Entre todos tenemos que encontrarle algo, no puede seguir así. No dejemos que se apague lentamente entre rejas.

¿Puedes ayudarle? Si no puedes ayúdanos difundiendo
________________________________________________

📅 Data de entrada: 08/07/2015
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande (45kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2010


TAYLON tivo unha vida moi dura xa que foi víctima de maltrato. É un can enormemente agradecido, moi bo, tranquilo e agarimoso. O único que desexa é pasear e estar contigo. Adora os mimos!! Leva moito tempo agardando a súa oportunidade. Anímate a coñecelo!!
 

Máis sobre TAYLON no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram

🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!

jueves, 1 de septiembre de 2022

HANS

📅 Data de entrada: 14/12/2015
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/06/2014


HANS é un caso especial, móstrase desconfiado cos extraños e sen embargo é moi cariñoso e sumiso coa xente na que confía. É un can boísimo, que probablemente foi maltratado e por eso ten este comportamento. HANS necesita alguén que lle brinde seguridade, confianza e cariño, e que teña paciencia e algunha experiencia nestes casos.


Máis sobre HANS no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram

🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!