¡Faite Socio!

Outro xeito de colaborar con nós é facéndote socio! A túa colaboración pode mellorar a vida de moitos canciños mentres non atopan o seu fogar definitivo. Toda aportación económica está destinada a financiar os gastos derivados das necesidades dos animáis da canceira. Facéndote socio aportas o teu graniño de area para cubrir gastos veterinarios, comida para os animais con necesidades especiais, medicamentos, material para a canceira...

O ingreso mínimo son 10€ e podes elixir se queres facer un ingreso anual, semestral ou trimestral. Se queres facerte socio, só tes que cubrir o formulario que podes descargar AQUI e entregalo na canceira ou enviar o impreso orixinal cumprimentado e asinado ó enderezo
Rúa Gonzalo de la Mora y Mon, 17, baixo, 36995 POIO (Pontevedra) España. 
 
Se tes algunha dúbida, podes contactar con nos a través do correo electrónico fogarcan@concellopoio.gal
 
GRAZAS POR COLABORAR!🐾

No hay comentarios:

Publicar un comentario