Mostrando entradas con la etiqueta Avoiños. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Avoiños. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de septiembre de 2022

FENDOR


📅 Data de entrada: 05/08/2022
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (11.25kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2011

FENDOR é un avoíño que chegou á canceira en moi malas condición. Tiña o pelaxe tan mal que tivo que pasar por perruquería e os dentes tan feitos un desastre que tivemos que facerlle unha boa limpeza bucal. A vida de FENDOR non debeu ser nada fácil, aínda que non rechaza as caricias, semella que non recibiu moitas na súa vida porque non sabe o que son. E hora de que lle cambie a sorte e ti podes facelo realidade ¿Anímaste a coñecelo?

Máis sobre FENDOR no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

domingo, 4 de septiembre de 2022

LEO


📅 Data de entrada: 28/10/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (23.6kg – 51cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 20/08/2010


LEO foi recollido xunta ONZA na zona da Escusa, nunhas condicións terribles, unha delgadez extrema, as orellas abertas, os dentes en moi mal estado e feridas polo corpo. No nos imaxinamos o mal que o tivo que pasar, e a pesar de todo eso, LEO é un avoiño moi agarimoso, tranquilo e obediente. LEO é un can agradecido e moi leal, sinal de que ninguén antes o tratara con amor. Só precisa un oco na túa casa e no teu corazón ¿Podes darlle unha oportunidade?

Máis sobre LEO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
 
 
🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!

 

sábado, 3 de septiembre de 2022

ONZA

 

📅 Data de entrada: 28/10/2021
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano (20.7kg – 55cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2010


ONZA foi recollida xunta LEO en moi mal estado. Estaba tan desnutrida que cando chegou á canceira notábanselle as costelas. ONZA é unha cadela moi boíña e agarimosa, tremendamente agradecida, tanto que te sigue a todas partes. A súa ollada amosa verdadeira devoción hacia quen a coida e lle da mimos. Sabemos que a vida de ONZA ben seguro que non foi doada, pero ela está desexando entregar o seu corazón a quen lle de unha oportunidade.

Máis sobre ONZA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

viernes, 2 de septiembre de 2022

TAYLON

 

⚠️ ATENCIÓN ⚠️

🆘🆘🆘 URGENTE‼️🆘🆘🆘 

TAYLON no puede mas 😔
A pesar de todos los llamamientos que hicimos, TAYLON sigue en la perrera y el tiempo se le está escapando cada vez más rápido. Tiene 12 años y lleva 7 largos años en la perrera. Nadie lleva tanto tiempo como el. POR FAVOR, NECESITA AYUDA‼️🙏

Cada vez lo vemos mas desanimado, apagado, más triste... Hace poco más de un mes lo operaron de dos bultos, que afortunadamente no eran malos, pero tampoco conseguimos acogida para el...

Solo es un abuelito buscando una oportunidad. ‼️POR FAVOR, AYUDADNOS A DIFUNDIR‼️ Entre todos tenemos que encontrarle algo, no puede seguir así. No dejemos que se apague lentamente entre rejas.

¿Puedes ayudarle? Si no puedes ayúdanos difundiendo
________________________________________________

📅 Data de entrada: 08/07/2015
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande (45kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2010


TAYLON tivo unha vida moi dura xa que foi víctima de maltrato. É un can enormemente agradecido, moi bo, tranquilo e agarimoso. O único que desexa é pasear e estar contigo. Adora os mimos!! Leva moito tempo agardando a súa oportunidade. Anímate a coñecelo!!
 

Máis sobre TAYLON no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram. 

🔴 ¿Tes dúbidas sobre a adopción dos PPP? Infórmate aqui!

SABELA

 

⚠️ ATENCIÓN ⚠️

🆘🆘🆘 URGENTE‼️🆘🆘🆘


A SABELA su casa de acogida le cambió la vida. Pasó de ser una perrita triste y asustadiza, siempre escondida, con problemas de sobrepeso, y unos bultos en las mamas, a ser una perrita completamente FELIZ. Bajó de peso, la operamos de los bultos, se convirtió en una mimela y en definitiva empezó a conocer las cosas maravillosas que la vida te puede ofrecer.

Por motivos de fuerza mayor, a SABELA se le termina la acogida. POR FAVOR, NO PODEMOS DEJAR QUE VUELVA A LA PERRERA
ADOPCIÓN O ACOGIDA URGENTE PARA SABELA

OS PEDIMOS, MUCHA, MUCHÍSIMA DIFUSIÓN
_________________________________________________

📅 Data de entrada: 30/08/2018
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequena
🐶 Data de nacemento aproximada: 15/05/2010


SABELA, a nosa tímida e linda avoiña. Cando chegou estaba totalmente aterrorizada. É incrible os avances que fixo dende entón, interactúa cos demais cans, pide mimiños, sae a pasear con tódolos demáis... É unha cadela moi moi boa. Necesita urxentemente unha casiña, onde poder controlar a súa alimentación e saír a pasear un pouco, xa que necesita baixar de peso para poder operarse dun tumor nas mamas.

Máis sobre SABELA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

Podes ver un vídeo sobre SABELA no noso canal de YouTube:


 

TITO

 

📅 Data de entrada: 18/05/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (17.8kg – 42cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2011


TITO viviu boa parte da súa vida na rúa. Paseaba pola zona de Lourido e durante moito tempo se alimentou do que lle daban os veciños. Todo o mundo o coñecía polo seu carácter afable, pero os anos pasaban e el seguía sen ter un fogar. Cando entrou na canceira tiña un óso atravesado no paladar e non sabemos canto tempo levaría vivindo con esa terrible dor. TITO ten un carácter fantástico, e tranquilo e sociable con outros cans e encántalle estar coa xente. Valora cada pequeno detalle coa ilusión dun cativo, unha camiña calentiña, unha lata de comida rica e blandita… Pide mimos e disfruta deles coma ningún. Agora só lle falta atopar esa familia que lle de a vida nunca antes tivo ¿Anímaste?

Máis sobre TITO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram. 


jueves, 1 de septiembre de 2022

KATIA

📅 Data de entrada: 25/12/2018
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2010


KATIA é unha cadeliña que chegou sendo xa adulta. Ela é moi doce, boa e agarimosa. Chegou á canceira nunhas condicións moi malas, ferida, pero pronto se recuperou e como vedes xa está perfectamente. KATIA está lista para atopar un fogar! Merece esa oportunidade que aínda non tivo ¿Queres axudala?


Máis sobre KATIA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.
 

Podes ver un vídeo sobre KATIA no noso canal de YouTube:

 

SKAY

 

📅 Data de entrada: 13/05/2021
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (5.8kg – 32cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2010


SKAY é ese tipo de cadela que a primeira vez que a ves, xa te namora. Aínda que é de tamaño pequeno, ten un corazón enorme! SKAY ten un carácter boísimo, lévase ben con outros cans, e tamén de marabilla coas persoas. É unha cadela moi tranquila, encántalle deitarse ao calorciño do sol a botar unha sesta e pórtase xenial nos paseos e calquer situación. ¿A que estas esperando para vir a coñecela?

Máis sobre SKAY no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.