viernes, 22 de octubre de 2021

LENON


📅 Data de entrada: 08/09/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (8.2kg – 43cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/09/2020


LENON foi recollido preto de Laño e levaba un colar moi vello, polo que pensamos que nalgún momento tivo familia. Sen embargo estaba cuberto de pulgas e pasaron os días e ninguén o reclamou. LENON é un canciño moi agarimoso e activo, coa personalidade dun cativo. Non se separa do teu carón, sempre buscando a túa protección e a túa atención. É sociable con outros cans e é tan boiño que os demáis fan del un pandeiro. ¿Anímaste a coñecer a este pequeno alegre e cheo de vida?

Máis sobre LENON no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

viernes, 8 de octubre de 2021

NORA


📅 Data de entrada: 21/07/2021
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Grande (27.4kg – 65cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 10/08/2016

NORA vivía atada a unha cadea. Cando chegou, estaba en moi mal estado e tiña as orellas completamente comidas polas moscas. Pero NORA ten moitísimas ganas de vivir e desfrutar! É unha cadela con un carácter moi alegre. O primeiro que fai cando abrimos o seu canil é saír correndo e pegarse un par de carreiras polo patio e de seguido achégase coma unha tola a agradecercho e a pedirte unas caricias. É boiísima! e sociable tanto con persoas como con outros cans ¿Queres darlle a familia que nunca tivo?

Máis sobre NORA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

viernes, 1 de octubre de 2021

MAX

 

📅 Data de entrada: 12/07/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (14.25kg – 44cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2014


Cando recolleron a MAX levaba collar, pero a pesar de que buscamos á súa posible familia, nunca ninguén o reclamou. É un canciño cun carácter excepcional, é tranquilo, agarimoso e agradecido. Cando te despistas xa o tes ao teu carón pedíndote mimos! É sociable con cans e persoas e gústalle xogar a andar a correr detrás doutros cans. O que máis lle gusta a MAX son os paseos, encántalle saír!! ¿Queres que te acompañe?

Máis sobre MAX no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.