lunes, 11 de abril de 2022

LOTTI

 

📅 Data de entrada: 04/12/2021
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (11.4kg – 44cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2015

LOTTI levaba tempo sobrevivindo preto duns molinos cando a recolleron. Ainda que non sabemos o seu pasado, cabe pensar que nalgún momento tivo familia porque é unha auténtica santiña. É unha cadela moi boa, tranquila e sumisa. Lévase de maravilla con outros cans, é moi sociable con eles e tamén coas persoas, encántalle a xente! LOTTI é feliz cando se achegan voluntarios á canceira e a sacan de paseo.  LOTTI é unha cadela dez, anímaste a coñecela?
 
Máis sobre LOTTI no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram. 

MAYKA

 

📅 Data de entrada: 01/02/2022
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Grande (32kg – 62cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2020


MAYKA é unha cadela moi nova e moi alegre. Encántalle estar con xente, non hai recibimentos como os dela, cando te ve, vai correndo a saludarte toda contenta e darte un súper abrazo. É tan efusiva, que semella que non se percata do seu tamaño e as veces parece incluso un pouco torpe. MAYKA é moi sociable cos demais cans e disfruta de verdade xogando con eles. Se queres encher o teu fogar de alegría, tes que coñecela!

Máis sobre MAYKA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

viernes, 8 de abril de 2022

SONIA

 

📅 Data de entrada: 18/01/2022
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (9.15kg – 31cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2017


SONIA é un auténtico anxo, se a coñeces é imposible non namorarse dela. É unha cadeliña moi moi boa e súper agarimosa, sempre anda pendente da xente buscando compañía e coa barriguiña disposta para recibir unas caricias. SONIA é moi sociable e pacífica con todo ser vivo, en resumo, unha compañeira ideal! ¿Daslle unha oportunidade?

Máis sobre SONIA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.