lunes, 23 de noviembre de 2020

SHAKIRA

 

📅 Data de entrada: 31/07/2020
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano (21.6kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2014 .

SHAKIRA é unha cadela que namora coa súa dulzura. Din que a ollada é o espello da alma, e ela ten unha mirada tan tenra, que é imposible non querela dende o primeiro minuto. É moi tranquila, agradecida, agarimosa... un verdadeiro encanto. Chegou cunha patiña rota e por ese motivo tivo que pasar polo quirófano.

Máis sobre SHAKIRA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

sábado, 21 de noviembre de 2020

RUMBA


📅 Data de entrada: 10/10/2019
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/09/2019


RUMBA chegou sendo unha cadeliña moi cativa xunto cos seus irmanciños. Se hai unha palabra que a define, é alegría. Con RUMBA non terás tempo de aburrirte... todo para ela é unha festa e diversión!! É unha cadela moi agarimosa e moi sociable. Dende pequeniña estivo feita a estar con outros cans e con gatos. ¿Te gustaría darlle a oportunidade de coñecer o que é un fogar?


Máis sobre RUMBA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

jueves, 19 de noviembre de 2020

AIKA

 

📅 Data de entrada: 13/09/2020
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (8.28kg – 45cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2019


AIKA é unha podenquiña fermosa e moi doce, só hai que ver a súa ollada. Se cadra pode parecer un pouco tímida ao principio, pero é unha cadela moi moi boíña. A pesar da súa timidez inicial, encántalle estar con xente e adora os mimos. Ademáis e moi sociable con outros cans, faise amiga deles sen problema!. A que estas agardando? Pon unha podenquiña na túa vida!

Máis sobre AIKA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

miércoles, 18 de noviembre de 2020

OLLIE

 

📅 Data de entrada: 13/09/2020
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (9.2kg – 39cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2020

OLLIE foi recollido con Stan. É un canciño realmente xenial, moi agarimoso coas persoas, e sociable con outros cans. Cando hai alguén no patio, non se separa del, sempre agardando para recibir unha
caricia, un mimo ou un pouco de atención. Encántalle estar con xente! É moi novo e xa coñece o abandono. ¿Podes darlle ti o fogar que necesita?

Máis sobre OLLIE no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.