🔴 SON PERIGOSOS OS PPP❓
A resposta é NON.
O principal motivo para denominar a un can potencialmente perigoso, son súas características físicas.
O que determina se un can é perigoso ou non en realidade é o seu comportamento, de ahí a importancia da educación que reciben e a súa interacción e socialización coas persoas e outros animais.
Un can equilibrado non é perigoso independientemente das súas carácterísticas fisicas.
🔴 E COMPLICADO ADOPTAR UN PPP❓
A resposta é NON. Adoptar un PPP non é nin complicado nin caro.
Para xestionar a adopción dun destes cans, só son precisas tres cousas:
▶️ LICENZA PARA TENENCIA DE CANS POTENCIALMENTE PERIGOSOS. (renovable cada 5 años). Para xestionala precisas o seguinte:
✔️Documento de solicitude ou entrada no rexistro (facilitado polo concello). Sen custo.
✔️Certificado de antecedentes penais. Pode solicitalo directamente o concello se marcas a casilla que así o autoriza na solicitude. Sen custo.
✔️Certificado de non ter sido sancionado por infraccións graves ou moi graves. Pode solicitarse nos novos edificios da Xunta (cita previa e info no 886 20 66 02) ou telemáticamente se tes certificado electrónico ou ch@ve365. Tamén podes autorizarnos a nós e o solicitamos no teu nome. O importe da tasa son 3.07€.
✔️Certificado de capacidad física y aptitud psicológica. Consiste en realizar un psicotécnico en calquer centro acreditado. O custo é aproximadamente 40€.
▶️ SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL. Hay multitude de eles, dende 30€ ao ano podes formalizar un. Se tes seguro do fogar, fala coa túa correduría, moitos poden incluilo só con facer una modificación e un mínimo incremento no prezo.
▶️ CHIP E CERTIFICADO. Faise na clínica veterinaria. É obrigatorio porlle ao can o microchip de identificación, ou no caso de que xa o teña, actualizar os datos do propietario. O custo son 60€.
No hay comentarios:
Publicar un comentario