BONKA foi recollido na zona de San Salvador de Poio e cando chegou estaba en moi malas condicións. BONKA ten problemas de visión, pero é un can maravilloso, cariñoso, dócil, e listo. É un mimelón, encántalle estar no colo ou simplemente estar sentado ou tumbado ao teu carón. Ademáis é moi sociable, non só con persoas, tamén se leva ben outros cans e mesmo con gatos. Ademáis e moi obediente e atende á chamada. ¿Queres darlle unha oportunidade a BONKA?
Máis sobre BONKA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.