domingo, 5 de abril de 2020

PINY

📅 Data de entrada: 25/05/2017
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (21kg)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2017


PINY non sabe o que é ter un fogar. Leva na canceira case toda a súa vida, dende que era un cachorriño. É moi noviño, alegre e xoguetón e ten un carácter extraordinario, pura inocencia! PINY é moi sociable con persoas e cans, lévase xenial con tódos. É cariñoso e moi obediente, atende perfectamente cando o chamas polo seu nome. Non podemos creer que un can tan adorable siga na canceira! Se o coñeces, vaste enamorar!


Máis sobre PINY no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

No hay comentarios:

Publicar un comentario