viernes, 18 de junio de 2021

NAPOLEON

📅 Data de entrada: 17/04/2017
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (18kg - 52cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2016


Este guapísimo e simpático cadeliño é NAPOLEON. De tamaño mediano e aproximadamente 3 anos de idade. Fermoso por fóra, dun precioso cor negro azabache, e fermoso por dentro. Doce, cariñoso, sociable, alegre... 

NAPOLEÓN foi recollido polo lacero na terraza dun bar despois de pasar alí toda unha mañá. Pouco despois escapou e marchou tras uns peregrinos, e ¿sabedes onde acabou? De novo na terraza dun bar! Se o que te gusta é saír ao vermú, NAPOLEON é teu can perfecto!

Máis sobre NAPOLEON no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

No hay comentarios:

Publicar un comentario