sábado, 8 de agosto de 2020

BRAIS

📅 Data de entrada: 13/07/2020
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Pequeno (8.8kg – 30cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2015


BRAIS é un cruce de grifón dorado pequeniño. É un can moi agarimoso. O primeiro que fai ao saír da gaiola é saltar a pedirte unha caricia ou un mimo. Encántalle estar coas persoas e se hai alguén na canceira, vai detrás del buscando a súa compaña e un pouquiño de atención. Ademáis é moi sociable, lévase ben con outros cans e gústalle moito xogar. En definitiva, BRAIS é un can ideal ¿Queres darlle unha oportunidade?

Máis sobre BRAIS no seu álbum de 
Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

No hay comentarios:

Publicar un comentario