jueves, 16 de septiembre de 2021

DEXTER


📅 Data de entrada: 23/08/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande (35.3kg – 69cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/08/2020

Cando DEXTER chegou semellaba ben coidado, polo que pensamos que deseguido o reclamaría a súa familia. Pero non foi así. DEXTER non é máis ca un cachorro e como tal encántalle xogar e correr. É un can moi sociable cos demáis, na canceira non ten problemas cos outros, ao contrario, desfruta xogando con eles! Coas personas é un auténtico encanto, doce e agarimoso e busca estar acompañado. É unha auténtica xoia, ¿Queres facerlle un oco no teu corazón?

Máis sobre DEXTER no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

No hay comentarios:

Publicar un comentario