martes, 22 de febrero de 2022

ROKI

 

📅 Data de entrada: 28/09/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Grande (38.2kg – 60cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2019


ROKI é un gran can por dentro e por fóra. Imposible non namorarse do seu carácter. É un cativo agochado no corpo dun can grande, encántalle xogar e todo lle vale para entreterse un rato. Sempre anda azuzando aos outros cans para que xoguen con el. O seu carácter infantil, alegre e inocentón non te deixará indiferente. Con esa dulzura tan súa faise moitísimo de querer. Achégate a xogar con el e dalle unha oportunidade!

Máis sobre ROKI no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

No hay comentarios:

Publicar un comentario