viernes, 2 de septiembre de 2022

TITO

 

📅 Data de entrada: 18/05/2021
🚻 Sexo: Macho
⚖️ Tamaño: Mediano (17.8kg – 42cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2011


TITO viviu boa parte da súa vida na rúa. Paseaba pola zona de Lourido e durante moito tempo se alimentou do que lle daban os veciños. Todo o mundo o coñecía polo seu carácter afable, pero os anos pasaban e el seguía sen ter un fogar. Cando entrou na canceira tiña un óso atravesado no paladar e non sabemos canto tempo levaría vivindo con esa terrible dor. TITO ten un carácter fantástico, e tranquilo e sociable con outros cans e encántalle estar coa xente. Valora cada pequeno detalle coa ilusión dun cativo, unha camiña calentiña, unha lata de comida rica e blandita… Pide mimos e disfruta deles coma ningún. Agora só lle falta atopar esa familia que lle de a vida nunca antes tivo ¿Anímaste?

Máis sobre TITO no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario