sábado, 3 de septiembre de 2022

ONZA

 

📅 Data de entrada: 28/10/2021
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano (20.7kg – 55cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2010


ONZA foi recollida xunta LEO en moi mal estado. Estaba tan desnutrida que cando chegou á canceira notábanselle as costelas. ONZA é unha cadela moi boíña e agarimosa, tremendamente agradecida, tanto que te sigue a todas partes. A súa ollada amosa verdadeira devoción hacia quen a coida e lle da mimos. Sabemos que a vida de ONZA ben seguro que non foi doada, pero ela está desexando entregar o seu corazón a quen lle de unha oportunidade.

Máis sobre ONZA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

No hay comentarios:

Publicar un comentario