domingo, 4 de septiembre de 2022

MELINDA

📅 Data de entrada: 14/11/2017
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano (20kg - 56cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2012


MELINDA é un bombón. Entrou na canceira en 2017 cos seus bebés e foi unha auténtica madraza. Todos eles foron adoptados pero ela segue sen atopar un fogar. É a cadela mais agarimosa da canceira, é moi noble, e sempre está alegre. Pero se algo temos que destacar dela é que é súper avispada e listísima!! Axúdanos a atopar unha familia para ela. Queremos darlle a vida que merece!!


Máis sobre MELINDA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

No hay comentarios:

Publicar un comentario