viernes, 30 de septiembre de 2022

LINDA

 

📅 Data de entrada: 12/07/2022
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Pequeno (10.15kg – 30cm)
🐶 Data de nacemento aproximada: 17/06/2015


A historia de LINDA é triste. Ela fora adoptada da canceira da deputación, pero a persoa que a adoptou ao pouco tempo tivo que ingresar nun centro e por medio de servicios sociais acabou con nós. LINDA é unha cadela moi agarimosa, sociable e obediente. A pesar do seu pequeno tamaño é unha cadela moi activa e encántalle estar coa xente! Ela merece unha segunda oportunidade, pero esta vez para toda a vida ¿Queres axudala?

Máis sobre LINDA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario