jueves, 15 de septiembre de 2022

FILLOA

 

📅 Data de entrada: 16/08/2021
🚻 Sexo: Femia
⚖️ Tamaño: Mediano
🐶 Data de nacemento aproximada: 01/01/2015


FILLOA foi recollida nunhas condición realmente terribles. Era soamente oso e pel e casi non se tiña en pe. De feito, foi necesario poñerlle suero e afortunadamente evolucionou moi ben. FILLOA volveu nacer, gañou peso e descubrimos a unha cadela moi moi agarimosa, sociable con adultos, nenos e moi xoguetona con outros cans. Un auténtico amoriño cun carácter maravilloso. Ademáis agora que pode comer, converteuse nunha ladroa de comida!! Graniño de pienso que ve, ou lambonada que pilla, voa!!

Máis sobre FILLOA no seu álbum de Facebook ou podes consultar tamén o noso Instagram.

No hay comentarios:

Publicar un comentario